Ditadura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: Engado imaxe
Etiqueta: edición de código 2017
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 37:
 
* Ditaduras ''autoritarias'': Buscan despolitizar e desmobilizar á sociedade. Non pretenden homoxeneizar á sociedade nin exercen un control total sobre ela, e permiten un pequeno grao de pluralismo político, tolerando, ás veces, [[Partido político|partidos políticos]] carentes de ideoloxía e que non teñen un rol importante no réxime; é máis importante a mentalidade ca ideoloxía. Poden usar o terror e a propaganda pero sen a mesma extensión que nos réximes totalitarios<ref name=ezrow1-5/>. O limitado pluralismo pode tomar distintas formas e, dentro delas, diferentes grupos e institucións teñen un papel máis ou menos preeminente<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Linz|2000|p=175|ref=linz}}</ref>.
[[Ficheiro:Antonio Salazar-1.jpg|miniatura|200px|[[António de Oliveira Salazar]], ministro de finanzas no período da [[Ditadura Nacional]] portuguesa (1928-1933), e creador do [[Estado Novo]] (1933-1974).]]
 
: A vitoria dos aliados na segunda guerra mundial deu aos países que se enfrentaban á tarefa de construír unha nación e afrontar a crise da modernidade, dous modelos políticos básicos: as competitivas democracias occidentais e o modelo soviético, que parecían excluír o modelo do autoritarismo democrático desenvolvido no período de entreguerras nos novos países do leste e sueste de Europa. Inicialmente, só [[Portugal]] apareceu como sobrevivente das reaccións autoritarias burocráticas ao fallo da democracia na Europa de entreguerras. A derrota do [[fascismo]] desacreditara calquera mobilización cara a un réxime autoritario de partido único que non se baseara no modelo do partido comunista de vangarda. Aínda así, en [[España]] o réxime de [[Francisco Franco|Franco]], unha mestura de autoritarismo burocrático con elementos debilitados de réxime fascista de partido único e o posterior (1942) desenvolvemento dun estatismo orgánico, sobreviviu ao ostracismo das [[Organización das Nacións Unidas|Nacións Unidas]]. O nacionalismo [[Arxentina|arxentino]], como reacción ás presións estranxeiras e ás oportunidades creadas por unha nova clase traballadora xurdida da industrialización debida á exportación de material de substitución durante a guerra, levou á transformación dun réxime oligárquico-militar nun populismo autoritario con certos compoñentes fascistas, na forma de [[peronismo]]<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Linz|2000|p=192|ref=linz}}</ref>.