Ditadura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Ditaduras monárquicas: engado ditaduras híbridas
Etiqueta: edición de código 2017
mSen resumo de edición
Liña 23:
Coa decadencia das [[monarquía]]s hereditarias no [[século XIX]], as dúas principais formas de goberno que aparecen para substituíla son a [[democracia]] constitucional e a ditadura<ref name=saxena1/>. O concepto de ditadura comeza a adquirir o seu significado moderno vinculado a unha connotación negativa coa aparición das ditaduras soberanas ou revolucionarias, que aspiran a crear unha situación na que sexa posible impoñer unha [[constitución]] considerada auténtica que cree unha nova orde sobre os restos da anterior. Neste punto perde o seu carácter simplemente executivo, ampliándose ás funcións lexislativas e mesmo constituíntes, baixo o pretexto de que non pode apoiarse na tradición ou lexislación previa ao se tratar de fundar unha nova orde. Os modelos de ditaduras do século XIX son a Francia de [[Napoleón III de Francia|Napoleón III]] e a [[Alemaña]] de [[Otto von Bismarck|Bismark]]<ref name=abal/>.
 
Pero sen dúbida a versión máis radical e coñecida de ditadura revolucionaria é a [[ditadura do proletariado]], formulada por Karl Marx nun momento no que o concepto non tiña aínda o significado negativo actual e vinculábase a un estado transitorio entre o Estado burgués e unha nova sociedade sen clases. O mesmo sentido tiña para [[Friedrich Engels|Engels]], un case estado que desaparecería cando se extinguira o obxecto da opresión, é dicir, as clases sociais. O concepto cambia radicalmente con [[Lenin]] e os comunistas rusos, que o vinculan coa idea de ''vangarda revolucionaria'' e de ''centralismo democrático'', denotando a idea de hexemonía dunha clase que pode adoptar calquera tipo de goberno, sexa democrático ou non<ref name=abal/>.
 
En [[Hispanoamérica]], xorden ditadores nalgúns países independizados de [[España]]. Estes ditadores ou ''[[Caudillismo|caudillos]]'' autoproclamábanse líderes á fronte dun pequeno grupo armado, apoderándose dun anaco de territorio para marchar posteriormente sobre un débil goberno nacional. Exemplos de ditadores tales son [[Antonio López de Santa Ana]] en [[México]] e [[Juan Manuel de Rosas]] en [[Arxentina]]<ref name=saxena1/>.