Sonny Bill Williams: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bon formato de referencia
Sen resumo de edición
Liña 50:
Fai finalmente o seu retorno sobre os terreos de rugby a XV en outubro de 2014. Despois de ter sido seleccionado por última vez no mes de agosto de 2012 fronte [[Selección de rugby de Australia|Australia]], Williams fixo o seu retorno cos ''{{Lang|en|All Blacks}}'' o 1 de novembro contra os [[Selección de rugby dos Estados Unidos|Estados Unidos]] en Chicago con vitoria. Reincorpórase aos Chiefs na segunda xornada de liga, e a mediados do mes de maio sofre unha lesión nas costas que o ten apartado dos terreos de xogo durante un mes, reaparecendo na derradeira xornada da liga regular. Nesta competición os Chiefs foron terceiros, sendo logo derrotados en eliminatoria polos Higlanders, franquía vencedora finalmente da competición. Na tempada Williams disputa once partidos do Super 15, todo como titular, pousando un ensaio.
 
É incluído no grupo de 33 homes escollido por Steve Hansen para xogar na copa do mundo. Substituto no primeiro xogo contra a [[Selección de rugby da Arxentina|Arxentina]]<ref>http://www.infobae.com/2015/09/21/1756832-el-boxeador-los-all-blacks-que-entro-noquear-los-pumas/</ref>, é titular os dous partidos seguintes, primeiro contra [[Selección de rugby de Namibia|Namibia]] e logo contra [[Selección de rugby de Xeorxia|Xeorxia]], antes de anotar 7 puntos a [[Selección de rugby de Tonga|Tonga]] onde comeza o partido no banco. É reserva tamén nos tres partidos seguintes da fase final, onde os ''{{Lang|en|All Blacks}}'' baten sucesivamente a [[Selección de rugby de Francia|Francia]] 62 a 13 , a [[Selección de rugby de Suráfrica|África do Sur]] 20 a 18 na semifinal e, a continuación, Australia na final, gañando por 34 a 7<ref name="youtube.com"/><ref>http://www.marca.com/2015/10/31/mas_deportes/rugby/mundial/1446294948.html</ref>. Neste partido ten unha destacada actuación malia entrar no minuto 40. Co partido rematado, Williams ve como un cativo se precipita ao céspede para se achegar aos seus ídolos, sendo placado bruscamente por un vixiante do estadio<ref>http{{Cita web|título=Sonny Bill Williams. Um gigante com bom coração - DN|url=https://www.dn.pt/desporto/interior/sonny-bill-williams-um-gigante-com-bom-coracao-4865904.html|páxina-web=www.dn.pt|data-acceso=2020-02-13|lingua=pt}}</ref>. Sonny decide intervir, abrazando ao cativo e regalándolle a súa medalla de ouro. "Unha medalla non o é todo. Síntome orgulloso de tela gañado, pero porqué non facer posible unha noite inesquencible para este neno?", "É probablemente mellor que tela pendurada da parede", dixo logo. Eloxiado polo seu xesto, recibe unha nova medalla de ouro na cerimonia de premios da ''{{Lang|en|World Rugby Awards}}<ref>{{Cita web|título=VIDÉO – Sonny Bill Williams reçoit une nouvelle médaille d'or après avoir offert la première à un supporter|url=https://www.lci.fr/rugby/video-sonny-bill-williams-recoit-une-nouvelle-medaille-dor-apres-avoir-offert-la-premiere-a-un-supporter-1535081.html|páxina-web=LCI|data-acceso=2020-02-11|lingua=fr}}</ref>.''
 
=== Carreira en sevens ===