Diferenzas entre revisións de «Francisco Silvela»

arranxiños
(arranxiños)
'''Francisco Silvela y de Le Villeuze''', nado en [[Madrid]] o [[15 de decembro]] de [[1843]] e falecido na mesma cidade o [[29 de maio]] de [[1905]] foto un [[historiador]], [[avogado]] e [[político]] [[España|español]]. Entre 1899 e 1903 ocupou dúas veces a presidencia do Consello de Ministros. Silvela tamén foi un destacado ensaísta e escritor que editou obras históricas, xurídicas, ensaios e colaborou en publicacións como ''La Época'', ''La Revista de España'', ''[[El Imparcial (1867)|El Imparcial]]'' e ''El Tiempo''. Pertenceu as Reais Academias Española, de Ciencias Morais e Políticas e de Xurisprudencia e Lexislación.
 
== Traxectoria ==
Era fillo do ilustre avogado [[Francisco Agustín Silvela]], ministro de Gobernación e de Graza e Xustiza, Vicepresidente do Congreso e Maxistrado do Tribunal Supremo.
 
Estudou Dereito na [[Universidade de Madrid|Universidade Central de Madrid]] e ingresou na [[Academia de Xurisprudencia]] en 1862. Iniciou a súa actividade política como [[deputado]] nas Cortes Constituíntes de 1870, representando de Ávila, adscribíndose ao grupo conservador de [[Antonio Cánovas del Castillo|Cánovas del Castillo]]. Non participou en actividades políticas durante todo el [[Sexenio Democrático|sexenio revolucionario]], rexeitando calquera cargo político durante o reinado de [[Amadeo I de España|Amadeo de Savoia]] e na [[Primeira República Española|Primeira República]].
 
Coa [[Restauración borbónica en España]] foi nomeado ministro de Gobernación no gabinete de [[Arsenio Martínez-Campos Antón|Martínez Campos]] en 1879, logo de se ter ocupado da Subsecretaría dese Ministerio desde 1875. Introduciu reformas no sistema de beneficencia que suscitarían a oposición de [[Francisco Romero Robledo|Romero Robledo]]. Destacou polas súas disidencias no seo do conservadorismo da Restauración, movemento desde o cal defendía un réxime político parlamentario constitucional. Discrepou con Cánovas ao rexeitar o sistema de quenda política, baseado no [[caciquismo]] e na fraude electoral, e rexeitou o sistema político [[Cánovas|canovista]] como decadente e carente de moralidade. Cando se produciu a ruptura entre Robledo y Cánovas, a raíz do asinamento do [[Pacto do Pardo]] (1895), co establecemento da
quenda política co líder liberal [[Práxedes Mateo Sagasta|Sagasta]] en 1881, Silvela converteuse no lugartenente do líder conservador.
 
En 1885 foi nomeado [[Ministerio de GrazaXustiza ede XustizaEspaña|Ministro de Graza e Xustiza]].
 
No goberno de Cánovas de 1890, ocuparía o posto de Ministro de Gobernación, pero ante a reconciliación entre Robledo e o líder conservador preferiu dimitir, formando un novo grupo disidente: os ''silvelistas''; con un programa no que unha parte importante era a reforma total do goberno municipal, como base para crear unha moralidade política que impedise o funcionamento do caciquismo e o uso da política local para fins electoralistas. Pretendeu realizar un proxecto rexeneracionista desde arriba, que despois sería continuado por [[Antonio Maura]].
Despois da morte de Cánovas en 1897, Silvela foi nomeado xefe indiscutido do Partido Conservador.
 
Entre 1899 y 1903 ocupou dúas veces a presidencia do Consello de Ministros, incorporando no seu gabinete figuras da categoría de Villaverde, Polavieja, [[Antonio Maura|Maura]] o [[Eduardo Dato Iradier|Dato]]. No seu primeiro goberno acumulou tamén a Carteiracarteira de Estado e no segundo a de Mariña.
 
No 1903 retirouse definitivamente da vida política, non sen antes designar a [[Antonio Maura]] como o seu sucesor.
 
{{Start box}}
14.218

edicións