Valentina Tereshkova: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiños
Liña 42:
'''Valentina Vladimirovna Tereshkova''' (en {{lang-ru|Валентина Владимировна Терешкова}}), nada en [[Bolshoye Maslennikovo]] ([[oblast de Yaroslavl]]) o [[6 de marzo]] de [[1937]], é unha [[astronauta|excosmonauta]], [[Enxeñaría|enxeñeira]] e política [[Rusia|rusa]]. Foi a primeira muller da historia en permanecer en [[órbita]] no [[espazo exterior]], a bordo do [[Vostok 6]] o [[16 de xuño]] de [[1963]].<ref>{{Cita web|url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/europe/966992.stm|páxina-web=BBC News - Europe|título=Cosmonaut is Woman of the Century|dataacceso=20 de febreiro de 2018}}</ref> Para elo, foi seleccionada entre máis de catrocentos aplicantes e cinco finalistas. Orbitou a Terra corenta e oito veces, e permanece a día de hoxe como a única muller en ter feito en solitario unha misión espacial.<ref>https://www.rt.com/news/379550-tereshkova-facts-80-anniversary</ref><ref>https://www.theguardian.com/global-development-professionals-network/2017/mar/29/valentina-tereshkova-first-woman-in-space-people-waste-money-on-wars</ref>
 
== Traxectoria Mikel es un niño mimado ==
Despois da escola, traballou en factorías téxtiles e estudou enxeñaría. Practicou o paracaidismo nun club local, facendo o seu primeiro salto con 22 anos, o [[21 de maio]] de [[1959]]. No ano [[1961]] foi secretaria do [[Komsomol]] (Liga Xove Comunista) e despois, membro do [[Partido Comunista da Unión Soviética]]. Para unirse ó corpo de cosmonautas, Tereshkova ingresou honorariamente nas [[Forzas Aéreas Soviéticas]], tornándose polo tanto na primeira civil en voar ó espazo.<ref>{{cite web |url=http://www.yarregion.ru/eng/Pages/famous_people_Valentina_Vladimirovna_Tereshkova.aspx |title=Valentina Vladimirovna Tereshkova |work=Yaroslavl Region |year=2016 |accessdate=3 de abril de 2016}}</ref> Despois da disolución do primeiro grupo de mulleres cosmonautas en 1969, foi unha prominente afiliada do Partido Comunista da Unión Soviética, ocupando varios cargos políticos. Permaneceu activa despois do colapso da Unión Soviética e é vista na actualidade como unha heroína en Rusia e no mundo enteiro.