Vitoria do Reino Unido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engádese ficheiro de imaxe.
Insírese ficheiro de imaxe.
Liña 78:
 
O primeiro ministro ''[[whig]]'', [[lord Melbourne]], exerceu desde o comezo unha poderosa influencia sobre a políticamente inexperta soberana, quen acudía a el constantemente por consellos e axuda.<ref>Hibbert, pp. 66-69; St Aubyn, p. 76; Woodham-Smith, pp. 143-147</ref> [[Charles Greville]] cría que ao viúvo Melbourne, que nunca había ter fillos, «ela caíalle moi ben e queríaa como a unha filla se houbese ter algunha», e é probable que Vitoria o vise como unha figura paterna.<ref>Greville citado en Hibbert, p. 67; Longford, p. 70 e Woodham-Smith, p. 143-144</ref> A súa coroación realizouse o 28 de xuño de 1838 e Vitoria converteuse na primeira soberana en residir no [[palacio de Buckingham]].<ref>St Aubyn, p. 69; Waller, p. 353</ref> Herdou as propiedades dos ducados de [[Casa de Lancaster|Lancaster]] e [[Cornualles]] e empezou a recibir 385.000 [[libras esterlinas|libras]] ao ano. Ao ser prudente a nivel financeiro, conseguiu pagar as débedas do seu pai.<ref>Hibbert, p. 58; Longford, pp. 73-74; Woodham-Smith, p. 152</ref>
 
[[Ficheiro:Coronation of Victoria MET DP100575.jpg|esquerda|miniatura|160px|[[Medalla]] de coroación de '''Vitoria''' ([[1838]]). [[Gravado]]r: [[Benedetto Pistrucci]].]]
 
Ao principio do reinado, Vitoria foi moi popular.<ref>Marshall, p. 42; St Aubyn, pp. 63, 96</ref> Con todo, a súa reputación sufriu un duro revés debido a unha intriga na corte en 1839, cando a barriga dunha das damas de compañía da súa nai, [[Flora Hastings]], empezou a crecer de forma anormal, creando rumores de que quedou embarazada, fóra do matrimonio, de [[John Conroy]].<ref>Marshall, p. 47; Waller, p. 356; Woodham-Smith, pp. 164-166</ref> Vitoria creu nos rumores;<ref>Hibbert, pp. 77?78; Longford, p. 97; St Aubyn, p. 97; Waller, p. 357; Woodham-Smith, p. 164</ref> odiaba a Conroy e desprezaba a «aquela odiosa lady Flora»,<ref>Woodham-Smith, p. 162</ref> xa que esta conspirara con Conroy e a duquesa de Kent no sistema Kensington.<ref>St Aubyn, p. 96; Woodham-Smith, pp. 162, 165</ref> Ao principio, lady Flora negouse a someterse a un exame médico espida, pero a mediados de febreiro finalmente cedeu e descubriuse que aínda era virxe.<ref>Hibbert, p. 79; Longford, p. 98; St Aubyn, p. 99; Woodham-Smith, p. 167</ref> Conroy, a familia Hastings e os conservadores organizaron unha campaña de prensa afirmando que a raíña axudara a estender rumores falsos sobre lady Flora.<ref>Hibbert, pp. 80?81; Longford, pp. 102?103; St Aubyn, pp. 101?102</ref> Cando lady Flora morreu en xullo, a autopsia revelou que tiña un gran tumor no fígado e que esa fora a causa do crecemento da barriga.<ref>Longford, p. 122; Marshall, p. 57; St Aubyn, p. 104; Woodham-Smith, p. 180</ref> En aparicións públicas, a Vitoria asubiábanlle e chamábanlle «Mrs. Melbourne».<ref>Hibbert, p. 83; Longford, pp. 120-121; Marshall, p. 57; St Aubyn, p. 105; Waller, p. 358</ref>