Ditadura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiqueta: edición de código 2017
m →‎Ditaduras militares: arranxos en deseño
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 70:
As ditaduras militares xorden mediante un [[golpe de estado]] dado por un oficial ou unha xunta militar, e gobernan sen render contas tanto tempo como o oficial ou a xunta poidan ter o apoio das forzas armadas<ref name=maniruzzaman247>{{Cita Harvard sen parénteses|Maniruzzaman|1992|p=247|ref=maniruzzaman}}</ref>. A diferenza dos políticos civís que valoran sobre todo acadar e manter o cargo, os militares consideran primordial a "supervivencia e eficacia do exército en si". Debido a isto, a maior ameaza para as elites militares non é a caída do réxime, senón a división dos militares e o inicio dunha guerra civil. Calquera rivalidade ou fractura dentro da elite militar pode levalos a regresar aos cuarteis e deixar o poder voluntariamente, mesmo sen ter para eles repercusións negativas. É por isto que as ditaduras militares son as de menor duración. Tamén son moi vulnerables ás crises económicas debido ás presións internas que ditas crises poden provocar, e son as máis propensas a deixar o poder mediante unha transición negociada e ordenada<ref name=ezrow59>{{Cita Harvard sen parénteses|Ezrow|2011|pp=59-61|ref=Ezrow}}</ref>. Moitas ditaduras militares teñen un gran número de persoal civil (burócratas, empresarios, políticos e tecnócratas) pero isto non significa que sexan réximes civis-militares xa que a pesar da presenza de tecnócratas e políticos renegados nos consellos de goberno, son os militares quen toman as "decisións de consecuencias decisivas"<ref name=maniruzzaman247/>.
 
Finer (1962) identifica non menos de cinco diferentes formas estruturais de réxime e goberno militar: dúas directas, unha dual e dúas indirectas<ref name=brooker27>{{Cita Harvard sen parénteses|Brooker|2014|p=27|ref=brooker}}</ref>.
* A máis estándar das formas directas é a dun goberno abertamente militar liderado por unha xunta militar que actúa como consello de ministros, actuando un deles como presidente do país. A forma directa case-civil é a que se arroupa a si mesma con evidencias de (suposta) lexitimización civil, que poden incluír institucións civís e/ou un partido político que a apoie, as cales non deixan de ser ornamentos civís, emanados e dependentes dos militares.
* Pola contra, o compoñente civil na forma dual de réxime militar, un partido político ou outra organización civil que o sosteña, foi desenvolvido polo ditador militar como unha forza civil de confianza que poida servir de contrapeso á visión e influencia do exército. Desta forma fortalécese o poder ditatorial grazas ao balance de poder entre as bases civil e militar do réxime. Aínda que poida parecer moi semellante á forma directa case-civil, a forma dual ten un propósito moi diferente, o ditador non pretende disfrazar o réxime tras unha fachada civil, pretende conseguir unha maior autonomía persoal fronte ao exército.
* Finalmente, asAs formas indirectas controlan o poder mediante a instalación dun goberno monicreque que manexan á súa vontade. Desta forman eluden responsabilidades aínda que realmente gobernan. As dúas formas indirectas diferencianse no grao de control que os militares exercen no goberno civil: poden controlar todas as actividades deste ou exercer só controis intermitentes para asegurarse certos obxectivos (forma indirecta limitada)<ref name=brooker27>{{Cita Harvard sen parénteses|Brooker|2014|p=27|ref=brooker}}</ref>.
<!--
==== Dictaduras de partido único ====