Diferenzas entre revisións de «Éamon de Valera»

Ligazóns internas
(Ligazóns internas)
 
'''Éamon de Valera''', de nome completo '''''Edward George de Valera''''', en [[Lingua irlandesa|irlandés]] '''''Éamonn de Bhailéara''''', nado o [[14 de outubro]] de [[1882]] en [[Nova York]] e finado o [[29 de agosto]] de [[1975]], foi un político irlandés, un auténtico líder nacional desde [[1916]], tempos de loita pola independencia contra o [[Reino Unido]], ata [[1973]], cando se retirou da política. Foi líder da oposición republicana ao [[tratado Angloirlandés]] durante a [[guerra civil irlandesa]].
 
[[Matemático]], [[Docente|mestre]] e [[político]], serviu como xefe do goberno irlandés en tres ocasións, como o segundo [[Presidente do Consello Executivo do Estado Libre Irlandés|Presidente do Consello Executivo]] (nome orixinal para o [[Primeiro ministro|Primeiro Ministro]]) e o primeiro [[Taoiseach]] (Primeiro Ministro desde 1937). Terminou a súa carreira política como [[Presidente de Irlanda]], cumprindo dous mandatos desde 1959 ata 1973. Foi tamén chanceler da [[Universidade Nacional de Irlanda]] desde [[1922]] a [[1975]].
 
== Biografía ==
Bautizado como Edward, naceu no Hospital de Infancia e Enfermería de [[Nova York]] en [[1882]] dunha nai irlandesa, Kate Coll, natural do condado de [[Limerick]] e de Juan Vivion de Valera, escultor hispano-cubano con intereses económicos en [[Cuba]]. En 1885, ao morrer seu pai, marchou cun tío seu a Irlanda, á casa duns familiares en [[Knokmore]], escolarizouse na escola pública de [[Bruree]] e posteriormente na escola da [[Congregación dos Irmáns Cristiáns]] de [[Charleville]]. Ós dezaseis anos recibiu unha bolsa de estudo para acudir ao Blackrock College en [[Dublín]], destacou como estudante e como xogador de [[rugby]] e [[Crícket|cricket]]. Profesor de matemáticas no Rockwell College en 1903 gradouse ao ano seguinte en matemáticas na Universidade Real de Irlanda e deu clases no Belvedere College e no Carysfort College, centro para formación de profesoras de primaria. Tamén ensinou no Seminario de [[Maynooth]].
 
== Actividade pública ==
Entusiasta da [[lingua irlandesa]] inscribiuse en 1908 no Ardchraobh da [[Conradh na Gaeilge|Liga Gaélica]] e alí coñeceu a Sinéad Flanagan con quen casou en 1910, partidario da autonomía uniuse aos ''[[Óglaigh na hÉireann]]'' cando esta organización se formou en novembro de 1913, capitán da compañía de [[Donnybrook]] (distrito de Dublín) mentres se preparaba un levantamento armado foi nomeado comandante do terceiro batallón e axudante da brigada de Dublín e entrou na organización secreta [[Irmandade Irlandesa Republicana]].
 
O 24 de abril de 1916 produciuse o [[Alzamento de Pascua|levantamento de Pascua]], De Valera mandaba a gornición de Boland's Mill e resistiu durante sete días ata que [[Patrick Pearse|Pádraig Pearse]] ordenou renderse. Xulgado por un tribunal militar foi condenado a morte inda que indultado o [[9 de maio]] de [[1916]], quizais a causa de ser el cidadán norteamericano. Liberado en xuño de 1917 nunha amnistía volveu a Irlanda e uniuse ao [[Sinn Féin]]. Foi elixido membro da [[Cámara dos Comúns (Reino Unido)|Cámara dos Comúns]] en 1917 e presidente do Sinn Féin que obtivo 73 dos 104 parlamentarios irlandeses nas eleccións xerais de 1918. En maio de 1918 volveu ao cárcere pola campaña do Sinn Féin contra a ampliación a Irlanda do servizo militar obrigatoria e non puido asistir á xuntanza na que os parlamentarios do Sinn Féin se constituían en Parlamento de Irlanda (Dáil Éireann) elixindo un goberno. En febreiro de 1919 fuxiu do cárcere e en marzo foi nomeado Príomh Aire, equivalente a primeiro ministro. En xuño de 1919 entrou nos Estados Unidos para realizar unha campaña de propaganda para recadar fondos, conseguindo 6 millóns de dólares, entrementres en Irlanda o Parlamento irlandés foi declarado ilegal en decembro de 1919 polas autoridades británicas e aumentaba a escalada da coñecida como [[Guerra de Independencia irlandesa|Guerra de Independencia Irlandesa]],. [[Michael Collins (político)|Michael Collins]], o seu ministro de facenda exercía como primeiro ministro de facto, en decembro de 1920 de Valera volta a Irlanda e en agosto un cambio na constitución permítelle asumir o posto de Presidente da República de Irlanda. Polo [[Tratado Angloirlandés|Tratado Anglo-Irlandés]] de decembro de 1920 o Reino Unido recoñecía a independencia de 26 dos 32 condados irlandeses como [[Estado Libre Irlandés|Estado Libre de Irlanda]] pero que mantiña vincallos coa monarquía británica. De Valera mostrouse contrario ao tratado propoñendo como solución de compromiso unha asociación externa ao Imperio Británico que mantivera o carácter republicano de Irlanda e unha política exterior propia, despois da aprobado polo Parlamento por 64 votos contra 57 de Valera dimitía como presidente e cunha ampla minoría de deputados do Sinn Féin retirouse do Parlamento. Ao estoupar a [[Guerra civil irlandesa|Guerra Civil Irlandesa]] entre partidarios e contrarios ao tratado de Valera incorporouse nominalmente á súa antiga unidade, o terceiro batallón de Dublín e inda que líder dos antitratado na práctica non tiña poder real de decisión, este quedaba en mans da dirección militar de [[Liam Lynch]]. O [[25 de outubro]] de [[1922]] de Valera e os parlamentarios antitratado formaron un goberno republicano que non tivo autoridade real. Tras o cesamento das hostilidades de Valera foi arrestado ata 1924. Logo de perder unha votación no Sinn Féin para que este aceptara a constitución do Estado Libre, de Valera dimitiu como presidente do partido e formou en 1926 un novo partido, o [[Fianna Fáil]]. Nas eleccións xerais de 1932 o Fianna Fáil converteuse no partido máis votado e de Valera formou goberno, retendo tamén a carteira de exteriores. Na [[Guerra civil española|Guerra Civil española]] mantivo unha política de non intervención fronte ás dúas ás nas que se dividiu o seu partido, unha favorable aos republicanos e outra aos franquistas.
 
Un dos grandes éxitos de Valera foi a aprobación da Constitución de 1937 que converteu a Irlanda nunha república e de Valera foi o seu primeiro presidente, posto que mantivo ata 1948. A situación da lingua gaélica foi para de Valera unha fonte de amargura ao non conseguir que rexurdira como lingua popular dos irlandeses. Foi [[Taoiseach]] en 1951-1954 e 1957 e 1959 e de novo presidente da república de 1959 a 1973.
17.744

edicións