Manuel Varela Radío: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Varela Radío nacenaceu en [[Pontevedra]], fillo de [[Teodoro Varela de la Iglesia]], profesor de instituto procedente dunha familia liberal. EstudaEstudou o bacharelato nos institutos de Pontevedra e [[Santiago de Compostela|Santiago]]. Logo de matricularse en [[Medicina]], durante a carreira visitou algúns centros científicos de [[Alemaña]]. En Santiago foi discípulo de [[Ángel Martínez de la Riva]]. Despois de doutorarse en [[Madrid]] volvevolveu a Alemaña para especializarse en Xinecoloxía e Obstetricia con Bumm en [[Berlín]].
 
Desde a súa cátedra deixou unha importante pegada en Santiago. En 1911 obtivo unha consideración de bolseiro da [[Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas]] para ir, de novo, a Alemaña. A el se debe a incorporación de adiantos técnicos na cirurxía xinecolóxica como a utilización da [[radioterapia]] e a autoclave, entre outros. Impartiu cursiños para alumnos e para médicos, na súa especialidade.
Liña 15:
Asume responsabilidades políticas como republicano independente, xa que foi deputado nas [[Cortes Constituíntes de 1931]], pola [[Federación Republicana Gallega]], por Pontevedra. Coma moitos dos seus discípulos exiliouse en 1936. Marcharía cara o exilio, voluntariamente, nos primeiros momentos da sublevación. Tomou esta decisión por temor a represalias incontroladas, en outubro de 1936.
 
Logo dun tempo en [[Francia]], asentouse en [[Zúric]] ([[Suíza]]). Sería cesado da súa cátedra polo goberno republicano, por abandono do servizo. VoltaVoltou do seu exilio voluntario en 1941, logo de negociar coas autoridades franquistas. Á súa chegada veuse sometido a varios procesos polos diferentes tribunais encargados da represión. Foi separado do seu cargo polas novas autoridades e expedientado polo [[Tribunal de Responsabilidades Políticas]]. Non sería reposto ata 1945, poucos días despois pasaría á condición de xubilado, por cumprir a idade. Seguiu exercendo a actividade privada durante varios anos, practicamente ata a súa morte.
 
== Obras ==