Eleccións xerais de España de 2015: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Convocatoria: corrixida a ligazón morta
Liña 193:
== Convocatoria ==
[[Ficheiro:Xerais 2011 Gorgullón.jpg|miniatura|dereita|200px|Mesas electorais nun local social de [[Pontevedra]].]]
En outubro de [[2015]] o presidente de goberno de España, [[Mariano Rajoy]] anunciou nunha entrevista televisada que esgotaría os prazos legais para a convocatoria das eleccións, e que estas se celebrarían o [[20 de decembro]] de [[2015]], catro anos e un mes despois das anteriores. O decreto de disolución das Cortes publicouse o [[27 de outubro]] de [[2015]], co que os cargos parlamentarios pasaron a estar en funcións<ref>[httphttps://www.boe.es/boeeli/diases/rd/2015/10/2726/pdfs/BOE-A-2015-11505.pdf.977 BOE do 27 de outubro de 2015]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}, ''[[Boletín Oficial del Estado]]''.</ref>. Desde [[1920]] non se celebraban unhas eleccións xerais en [[España]] no mes de decembro. Na historia da democracia española, só se celebraran eleccións en decembro nas [[Eleccións ao Parlamento de Galicia 1989|autonómicas galegas de 1989]].
 
Nestas eleccións anováronse 350 escanos do [[Congreso dos Deputados]] e 208 do [[Senado de España|Senado]]. As eleccións Xerais non coincidiron con ningún outro comicio. Con respecto ás anteriores eleccións, a [[provincia de Cádiz|circunscrición de Cádiz]] gaña un deputado que perdera nas eleccións anteriores, ao igual ca [[provincia de Málaga|Málaga]], mentres que [[provincia de Jaén, España|Jaén]] e [[provincia de Valencia|circunscrición de Valencia]] perden cadanseu deputado. En [[Galicia]] escóllense 23 deputados: oito pola [[circunscrición electoral da Coruña]], 7 pola de [[provincia de Pontevedra|Pontevedra]], e catro polas de [[Circunscrición electoral de Lugo|Lugo]] e [[provincia de Ourense|Ourense]], respectivamente.