Fractura (mineral): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Nova páxina: Unha '''fractura mineral''' é cada unha das formas que pode adoptar a superficie pola cal rompe un mineral que foi golpeado. As fracturas caracterízanse pola súa forma, [[brillo...
 
Toliño (conversa | contribucións)
m ligazón interna
Liña 1:
Unha '''fractura mineral''' é cada unha das formas que pode adoptar a superficie pola cal rompe un [[mineral]] que foi golpeado. As fracturas caracterízanse pola súa forma, [[brillo]] e [[textura]], cuxos factores contribúen á identificación do mineral. Así, aténdose ao brillo, a fractura pode ser [[vítreo|vítrea]], [[resina|resinosa]], cérea, etc.; a textura exprésase dicindo que a fractura é compacta, laminar, etc. A forma constitúe o criterio máis útil. Os minerais [[tenacidade|tenaces]] dan unha fractura rugosa; a dos outros minerais é plana, escamosa ou cónica.
 
A [[obsidiana]], o [[sílex|sílex pirómaco]] e outros minerais ten unha fractura concoidal: a superficie é cóncava ou convexa, como a [[cuncha]] dos [[molusco]]s [[bivalvia|bivalvos]] e, do mesmo xeito que ela, presenta [[estría]]s concéntricas.