Maio do 68: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
→‎Desenvolvemento: Había un erro ortografico
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 6:
== Desenvolvemento ==
 
Durante o mes de maio de 1968, Francia foi oescenarioo escenario dun importante movemento estudantil e social, que forzou ao xeneral [[Charles de Gaulle|De Gaulle]] a disolver a Asemblea nacional e a organizar novas eleccións. Este movemento formou parte dun conxunto de acontecementos nos medios estudantís dun gran número de países, como a [[República Federal de Alemaña]] (movemento SDS - Sozialistischer Deutscher Studentenbund), os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] (accións contra a [[guerra de Vietnam]]), [[Checoslovaquia]] ([[Primavera de Praga]]) ou [[México]].
 
Este movemento comeza nos dous lados da ''cortina de aceiro''. A partir de 1967, varios campus nos Estados Unidos ou [[Polonia]], por exemplo, levántanse contra a política educativa. En Francia, estes acontecementos toman con todo unha amplitude particular xa que se acompañan de potentes manifestacións de estudantes, logo dunha folga xeral que paraliza completamente o país (os camións militares deberán asegurar o transporte de fortuna).