Inquisidor xeneral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
O nomeamento correspondía ao [[papa]] a proposta do rei da Monarquía Hispánica, aínda que na práctica o pontífice limitábase a confirmar ás persoas designada polo monarca. Tras cada nomeamento o papa promulgaba un [[Breve apostólico|breve pontificio]] no que delegaba a súa autoridade para reprimir a [[herexía]] no novo [[inquisidor]], así como lle outorgaba a condición de xuíz supremo en tódalas apelacións das sentenzas dos tribunais provinciais. A partir dese momento o inquisidor xeneral podía actuar sen estar mediatizado por [[Roma]]. O inquisidor xeneral era en realidade un cargo da [[monarquía]] máis que unha dignidade eclesiástica, pero o rei non podía destituílo, porque non deixaba de ser un delegado papal, e si o cargo quedaba vacante os tribunais provinciais non podían actuar.<ref>{{Cita libro |apelido={{Versaleta|La Parra López}} |nome=Emilio |apelido2={{Versaleta|Casado}} |nome2=María Ángeles |título=La Inquisición en España. Agonía y abolición |ano=2013 |páxina=32 }}</ref>
[[Ficheiro:Torquemada.jpg|miniatura|[[Tomás de Torquemada|Torquemada]], Prior de Santa Cruz e primeiro inquisidor xeneral de [[Coroa de Castela|Castela]] e [[Coroa de Aragón|Aragón]], no [[século XV|s. XV]].]]
Tras a resolución das [[Cortes de Cádiz]] no [[século XIX]], tivo lugar a abolición definitiva da Inquisición, que recibira co libro de [[José Antonio Llorente|JuanJuanS Antonio Llorente]] unha crítica demoledora. Precisamente, o presbítero [[Illas Canarias|canario]] [[Cristóbal Bencomo y Rodríguez]] quen foi confesor do rei [[Fernando VII]]<ref>[http://www.diocesisdecanarias.es/obispo/obispos-canarios-en-el-mundo.html "Obispos canarios en el mundo"] Diocese de Canarias.</ref> e arcebispo titular de Heraclea, foi proposto polo propio rei como inquisidor xeneral de España (cargo rexeitado polo mesmo Bencomo).<ref name="CANARIONET">[http://elcanario.net/Benchomo/miscelaneacanariasepgr14.htm Biografía de Cristóbal Bencomo y Rodríguez]</ref> Isto debeuse, entre outras cousas, a que Bencomo entendía que tras a [[Constitución española de 1812|Constitución de Cádiz]], o [[Inquisición española|Santo Oficio]] era unha institución chamada á desaparición, pois non contaba coa simpatía da maioría dos estamentos segrares e eclesiásticos. Ocuparía o seu lugar Jerónimo Castillón y Salas, bispo de Tarazona, quen sería o último Inquisidor xeneral de España.
 
[[Ficheiro:Diego_Deza.jpg|miniatura|[[Diego de Deza]], Inquisidor xeneral, 1498-1507.]]