Dulce Chacón Gutiérrez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: {{Listaref|2}} → {{Listaref|30em}}
Recuperando 5 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 12:
Aínda que comezou a escribir moi pronto, non publicou o seu primeiro libro, o poemario ''Querrán ponerle nombre'', até 1992. Seguiríanlle outras dúas obras poéticas,  ''Las palabras de la piedra'' (1993) e ''Contra el desprestigio de la altura'' (1995). Por esta última gañou o seu primeiro premio, o Ciudad de Irún.<ref name="círculo"/> A continuación internouse no terreo da [[novela]]. En 1996 publicou ''Algún amor que no mate'', sobre unha [[Violencia de xénero|muller maltratada]] polo seu marido.<ref>[https://web.archive.org/web/20111222115958/http://www.aldabaproducciones.com/noviembreteatro/dossieres/algunamorquenomate/dossiersinimagenes.pdf Folleto de la representación teatral de ''Algún amor que no mate''], de Aldaba Producciones.</ref> José Saramago cualificouna de "dura pero necesaria". Un ano despois publicou a súa segunda novela, ''Blanca vuela mañana''. 1998 foi un ano de moita intensidade: publicou ''Matadora'', unha biografía de [[Cristina Sánchez]], a primeira muller toureiro española; tamén estreou a súa primeira obra teatral, ''Segunda mano''; e publicou a súa terceira novela, ''Háblame, musa, de aquel varón''. Nesta, retoma ''algún'' dos temas de ''Algún amor que no mate'', como é a [[violencia doméstica]], abordando tamén outras formas de intolerancia, como a [[xenofobia]]. Con ''Háblame'', Chacón pechaba unha triloxía sobre a incomunicación na parella.<ref name="obituario_elpais"/> A continuación veu un novo poemario, ''Matar al ángel'' (1999) e ese mesmo ano ''Cielos de barro'', unha novela coral ambientada na [[Estremadura]] da posguerra que Chacón presentou á edición de 2000 do premio Azorín baixo o pseudónimo "Hache". A novela, que obtivo o galardón, estaba dedicada a Antonio Chacón, o pai de Dulce. O título foi un "agasallo" do escritor Julio Llamazares.
 
A súa seguinte novela foi  ''La voz dormida,'' publicada en 2002. Chacón tardou catro anos en completala, comezando a reunir material incluso antes da publicación de ''Matar al ángel e'' ''Cielos de barro''. Nela, Dulce Chacón continuou abordando os difíciles anos da posguerra, novelando os testemuños, recollidos en entrevistas por toda España, de mulleres vítimas da represión franquista durante os anos corenta.<ref name="círculo"/><ref>{{Cita novas|url=http://www.elmundo.es/elmundolibro/2002/09/10/anticuario/1031653190.html|título=Dulce Chacón da voz a las mujeres víctimas de la posguerra|editorial=[[El Mundo]]|data=10 de setembro de 2002}}</ref> A novela obtivo o premio Libro do Ano 2003, outorgado polo Gremio de Libreiros de Madrid. En 2002, estreouse a adaptación teatral de ''Algún amor que no mate'', realizada pola propia Chacón.<ref name="Dulce"/> Dirixiu a adaptación [[Eduardo Vasco]].<ref name="escritoras2">[http://escritoras.com/escritoras/escritora.php?i=-27184921 "Dulce Chacón"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120728202312/http://www.escritoras.com/escritoras/escritora.php?i=-27184921 |date=28 de xullo de 2012 }}. En: escritoras.com. 4 de decembro de 2003.</ref> En 2003 publicou outro poemario, ''Cuatro gotas''.
 
A carreira de Dulce Chacón truncouna a súa prematura morte. Faleceu o 3 de decembro de 2003, vítima dun cancro de páncreas que lle diagnosticaron un mes antes e que se estendeu ao fígado.<ref name="obituario_elpais"/><ref name="obituario_elmundo">{{Cita novas|url=http://www.elmundo.es/elmundolibro/2003/12/04/protagonistas/1070513774.html|título=Dulce Chacón fallece a los 49 años en su casa de Madrid|editorial=[[El Mundo]]|data=4 de decembro de 2003}}</ref> As súas cinzas foron depositadas na súa localidade natal, xunto aos restos mortais do seu pai, Antonio Chacón.<ref>{{Cita novas|url=http://www.elperiodicoextremadura.com/noticias/noticia.asp?pkid=87127|título=Dulce Chacón ya descansa en su Zafra natal junto a su padre|nome=Ana|apelidos=Holguín|editorial=El Periódico de Extremadura|data=14 de decembro de 2003|data-acceso=26 de febreiro de 2011}}</ref> Parte das súas cinzas foron esparexidas nas montañas del Torno, un pequeno pobo do [[Val do Xerte|Valle del Jerte]] ([[Provincia de Cáceres|Cáceres]]).<ref>{{Cita novas|url=http://www.hoy.es/prensa/20060814/plasencia/poesia-inma-chacon-segunda_20060814.html|título=La poesía de Inma Chacón y la segunda República se dieron cita ayer en Piornal|data=14 de agosto de 2006|editorial=Hoy (Extremadura) Hoy|data-acceso=25 de febreiro de 2011}}</ref> Deixaba marido, dúas fillas e un fillo.<ref name="círculo"/>