Ditadura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: engado libro
Etiqueta: edición de código 2017
→‎Historia: engado sección "tipos"
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 27:
Pero sen dúbida a versión máis radical e coñecida de ditadura revolucionaria é a [[ditadura do proletariado]], formulada por Karl Marx nun momento no que o concepto non tiña aínda o significado negativo actual e vinculábase a un estado transitorio entre o Estado burgués e unha nova sociedade sen clases. O mesmo sentido tiña para [[Friedrich Engels|Engels]], un case estado que desaparecería cando se extinguira o obxecto da opresión, é dicir, as clases sociais. O concepto cambia radicalmente con Lenin e os comunistas rusos, que o vinculan coa idea de ''vangarda revolucionaria'' e de ''centralismo democrático'', denotando a idea de hexemonía dunha clase que pode adoptar calquera tipo de goberno, sexa democrático ou non<ref name=abal192/>.
 
En [[Hispanoamérica]], xorden ditadores nalgúns países independizados de [[España]]. Estes ditadores ou ''[[Caudillismo|caudillos]]'' autoproclamábanse líderes á fronte dun pequeno grupo armado, apoderándose dun anaco de territorio para marchar posteriormente sobre un débil goberno nacional. Exemplos de ditadores tales son [[Antonio López de Santa Ana]] en [[México]] e [[Juan Manuel de Rosas]] en [[Arxentina]]<ref name=saxena1/>.
 
O termo adquire o seu carácter pexorativo no [[século XX]]. No período de entreguerras utilízase para referirse aos réximes non democráticos que apareceron neses anos; aínda así, os réximes [[Fascismo|fascista]] [[Italia|italiano]] e [[Nazismo|nacionalsocialista]] alemán non dubidaban en proclamarse ditaduras. É a partir do final da [[Segunda guerra mundial]] cando todos os gobernos, mesmo os máis autoritarios e antidemocráticos, suprimen o termo do seu léxico. Desde a métade do século, o termo ditadura pasará a ter unha connotación enteiramente negativa, vinculada aos vellos conceptos de [[autocracia]], tiranía e despotismo<ref name=abal192/>, e tomando diferentes formas: nuns casos os ditadores son colocados no poder por oficiais militares nacionalistas, como [[Juan Domingo Perón]] en Arxentina; outros toman o poder despois de gañar unhas eleccións democráticas para despois suprimir a oposición e establecer un [[Unipartidismo|partido único]], como pasou en moitos países [[África|africanos]] e [[Asia|asiáticos]] [[Poscolonialismo|poscoloniais]]; ademais, ás veces un grupo de oficiais do exército toma o poder e establecen unha [[ditadura militar]], das que hai abundantes exemplos en [[América Latina|Latinoamérica]]<ref name=saxena1/>.
 
== Tipos de ditaduras ==
A casuística das ditaduras é moi ampla e está clasificada sen criterios claros. Tendo en conta o criterio elixido, pódense facer as seguintes propostas de clasificación<ref name=abal193/>:
* Segundo o grao de intensidade da penetración coercitiva na sociedade e os medios utilizados para ese fin:
:* Ditaduras ''autoritarias''.
:* Ditaduras ''totalitarias''.
:* Algúns autores engaden un terceiro grupo, o das ditaduras ''cesaristas''.
* Segundo a finalidade perseguida:
:* Ditaduras ''revolucionarias'': pretenden alterar a orde preexistente.
:* Ditaduras ''conservadoras'': pretenden preservar a orde preexistente.
:* Outros autores engaden as ditaduras ''mixtas'' ou ''termidorianas''.
* Segundo a extracción da elite dominante:
:* Proveniente da clase política.
:* Proveniente do aparato burocrático.
:* Proveniete das forzas armadas: neste grupo son de especial interese as ''ditaduras militares'', nas que se poden diferenciar dous tipos:
::* Aquelas nas que o poder é asumido por un grupo de militares.
::* Outras nas que as forzas armadas apoian a un individuo ou grupo para que ostente o poder, manténdose elas autónomas.
 
== Criterios contemporáneos ==