Mobutu Sese Seko: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 7:
Mobutu naceu como '''Joseph-Désiré Mobutu''' o [[14 de outubro]] de 1930 nunha pequena aldea da selva no entón [[Congo Belga]], o seu pai morreu cando el tiña oito anos e van ser o seu avó e un tío quen coiden del, estuda nunha misión católica pero expúlsano pola súa conduta violenta, mesmo pasa seis meses na cadea ata que como castigo entra en [[1949]] no exército colonial por un período de sete anos, chega a sarxento maior, o máximo posto que ao que podía obter un negro, deixouno en [[1956]] e traballou como xornalista e editor e viaxa pola primeira vez a [[Europa]], a un congreso en [[Bruxelas]], onde permanece un tempo e alí en [[1958]] uniuse ao nacionalista [[Movemento Nacional Congolés]] (MNC). Ao obter o Congo a independencia o [[30 de xuño]] de [[1960]] o novo goberno nomeouno secretario e estado de defensa, pero o goberno era inestable polas rivalidades entre o primeiro ministro [[Patrice Lumumba]] e o presidente [[Joseph Kasavubu]]. O [[14 de setembro]] de [[1960]] un golpe de estado retirou a Lumumba do poder e el como xefe de estado maior é o encargado de arrestalo, ao que seguiu o seu asasinato pouco despois e o país entra nun período de caos.
 
En [[1965]], o xa tenente xeneral, despois de reorganizar o exército, dá un golpe de estado contra o presidente Kasavubu e o primeiro ministro [[Moise Tshombe]]. Mobutu declarouse presidente por cinco anos, instala un réxime autoritario de partido único, [[Movemento Popular da Revolución]] cun forte culto á súa personalidade, e mantén boas relacións con [[Europa]] e os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] cunha política anticomunista na política internacional. En [[1967]] fai fronte a unha tentativa de golpe e foi elixido presidente de novo en 1970. Emprendeu unha campaña de africanización e en outubro de [[1971]] renomeou ao país República do Zaire e cambiou o seu propio nome en 1972.<br />
 
Nun primeiro momento nacionalizou as compañías estranxeiras e obrigou os cadros europeos a deixar o país, pero en [[1977]] viuse obrigado a readmitilos de novo, ao tempo que solicitaba a axuda [[Bélxica|belga]] para facer fronte a un ataque a [[Katanga]] por rebeldes catangueños con base en [[Angola]]. Foi relixido de novo en 1977, sen oposición. En 1984 estimábase a súa fortuna persoal en 4.000 millóns de dólares, nun país onde a corrupción estaba organizada e a estrutura económica desaparecía.
 
En [[maio]] de [[1990]] debido a problemas económicos e oposición interna, Mobutu permitiu a creación doutros partidos políticos e organizou un goberno de transición que debería conducir a unhas eleccións democráticas, pero el retivo substanciais poderes. Malia iso, producíronse disturbios en Kinshaha provocados por soldados aos que non se lles pagara. Divisións internas provocaron a creación de dous gobernos en 1993 un pro e o outro anti-Mobutu, este último liderado por [[Laurent Monsengwo]] e [[Étienne Tshisekedi]] da UDPS. A situación económica continuaba a ser delicada, e os dous gobernos unificáronse en 1994 no Alto Consello da República - Parlamento de Transición. Mobutu nomeou a [[Kengo Wa Dondo]], partidario da austeridade e de reformas que conduciran ao libre mercado, como novo primeiro ministro. A saúde de Mobutu empeoraba, e durante unha das súas ausencias para tratamento médico en Europa, os tutsis fixéronse co control de boa parte do leste do Zaire. Foi o inicio da [[Primeira Guerra do Congo]], os tutsis opuxéranse a Mobutu polo seu apoio aos extremistas hutus responsables do xenocidio de [[Ruanda]] en [[1994]].
 
Cando o seu goberno deu a orde en novembro de 1996 de obrigar aos tutsis a deixar Zaire baixo a pena de morte, rebeláronse. Dende o leste de Zaire, co apoio do presidente [[Paul Kagame]] de Ruanda e de [[Uganda]], lanzaron unha ofensiva co apoio de opositores locais a Mobutu e marcharon cara Kinshasa, a resistencia do exército cesou en marzo, e o [[16 de maio]] os tutsis xunto á Alliance des Forces Democratiques pour la Liberation du Congo-Zaire (AFDL) entraba en Kinshasa. Zaire cambio de nome para República Democrática do Congo. Mobuto marchou ao exilio, primeiro a [[Togo]] e logo a [[Morrocos]]. [[Laurent-Désiré Kabila]] converteuse no novo presidente.<br />
 
Mobutu morreu en [[setembro]] de [[1997]] dun cancro de próstata.