Nóż w wodzie: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8:
 
Pola mañá, logo de pasar a noite no veleiro, Andrzej sorprende á súa parella conversando distendidamente co mozo, prodúcese entón un enfrontamento entre os dous homes e Andrzej acaba guindando ao preciado coitelo na auga, negándose logo a recuperalo polo que o convidado brinca na auga pese a non saber nadar, tras un tempo sen rastro do mozo a parella teme que afogara e os dous bótanse á auga para atopalo, sen éxito e Andrzej achégase ata a policía para informar da súa desaparición. Mais o transeúnte non afogara quedara agachado nunha boia e cando sabe que a rapaza está soa volta á embarcación, despois de discutir reconcílianse e acábanse deitando xuntos. O veleiro volve á costa e o mozo deixa a embarcación para que non o vexa Andzej, que espera a Krystyna no peirao. El explícalle que finalmente non se atreveu a avisar á policía e ela confésalle o que pasou pola noite e a súa infidelidade. Andrzej non a cre e continúa convencido da morte do rapaz. A parella volve á casa e cando ao chegar atopan unha encrucillada, conducindo un dos camiños á policía, o coche permanece indeciso.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Filmes de Polonia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional]]
 
{{Control de autoridades}}