Diferenzas entre revisións de «Club Balonmán Cangas»

Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Ata o seu descenso á [[División de Honra Prata de balonmán|División de Honra Prata]] na tempada [[2005]]-[[2006|06]], o que significou o primeiro descenso de categoría na historia do club, no ano que se estreou na segunda competición europea en importancia, a [[Copa EHF]], logo de ser finalizado a tempada anterior na 8ª posición da liga,<ref name="historia"/> logo de que Ademar León fora invitado pola [[EHF]] a disputar a [[EHF Copa de Europa|Liga de Campións]].<ref name="marca"/> Os do Morrazo enfrontáronse na terceira ronda da competición ao [[Viborg HK]] [[Dinamarca|dinamarqués]], fronte ao que caeu por un marcador total de 59 a 49.<ref>{{Cita web |url=http://www.eurohandball.com/ec/ehfc/men/2005-06/round/3/Round+3 |título=2005/06 Men's EHF Cup ROUND 3 |editorial=[[EHF]] |dataacceso=8 de setembro de 2019 |lingua=en}}</ref> O debut europeo do Cangas tivo lugar no [[Viborg Stadionhal]] o 5 de novembro de 2005 nun mal momento para o equipo, que en liga acumulaba sete vitorias e tan só unha vitoria.<ref>{{Cita novas |url=https://www.farodevigo.es/deportes/2441/frigorificos-debuta-europa-viborg/28325.html |título=El Frigoríficos debuta en Europa ante el Viborg |nome=César |apelidos=Collarte |xornal=[[Faro de Vigo]] |data=5 de novembro de 2005 |dataacceso=8 de setembro de 2019 |lingua=es}}</ref> No seu primeiro partido en competición europea os cangueses caeron por 32-20,<ref>{{Cita novas |url=https://www.elperiodicodearagon.com/noticias/deportes/alcobendas-estrena-asobal_212909.html |título=El Alcobendas se estrena en la Asobal |xornal=El Periódico de Aragón |data=6 de novembro de 2005 |dataacceso=9 de setembro de 2019 |lingua=es}}</ref> a desvantaxe de 12 goles fíxose insalvable para os cangueses, que caeron eliminados malia a vitoria en Cangas por 29 goles a 27 no que foi o primeiro partido dunha competición europea celebrado na localidade e no que 2&nbsp;500 persoas déronse cita no Gatañal.<ref>{{Cita novas |url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/2005/11/14/pagina-47/733060/pdf.html |título=El Frigoríficos Morrazo se despide pese a ganar |xornal=[[Mundo Deportivo]] |data=14 de novembro de 2005 |dataacceso=10 de setembro de 2019 |lingua=es}}</ref>
 
=== Descensos á División de Honra B ===
Non volvería ascender de categoría ata a tempada [[2008]]-[[2009|09]]. A nova etapa na Liga ASOBAL durarou só unha tempada,<ref name="historia"/> tras quedar na última posición e descender á segunda categoría.
O descenso de categoría levou consigo unha mudanza no banco cangués coa chegada de Ernesto Visus e o portugués Jorge Paulo Pereira, que permaneceron no cargo ata a tempada 2008-09, na que foron substituídos por Curro Lucena.{{Harvnp|Cangas|2011|p=98}} As tempadas 2006-07 e 2007-08 non foron positivas para o equipo do Morrazo, finalizando a categoría de prata na 6ª e 8ª posición respectivamente, o que lle impediu disputar o ascenso á máxima categoría.<ref name="historia"/>
 
O ascenso de categoría atrasouse ata a tempada 2008-09, na que logo de conseguir finalizar a liga regular na 5ª posición clasificouse para a fase de ascenso que se disputou en [[Pamplona]] e na que tamén xogaron o [[Sociedad Cultural Deportivo Recreativa Anaitasuna|Helvetia Anaitasuna]] (organizador), [[Club Balonmano Pozoblanco|Prasa Pozoblanco]] e [[AD Ciudad de Guadalajara|Realitas BM Guadalajara]], mentres que o [[Toledo BM|Lábaro Toledo Balonmano]] conseguira o ascenso de xeito automatíco ao proclamarse campión.<ref>{{Cita novas |url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/2009/05/17/pagina-54/4531275/pdf.html |título=Fase de ascenso en Pamplona |xornal=Mundo Deportivo |data=17 de maio de 2009 |dataacceso=5 de febreiro de 2020 |lingua=es}}</ref> Ao finalizar a fase de ascenso o conxunto galego conseguiu regresar á máxima competición do balonmán español logo de superar o Realitas BM Guadalajara na final 25-21.<ref>{{Cita novas |url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/2009/05/25/pagina-33/4536635/pdf.html |título=El Cangas asciende |xornal=Mundo Deportivo |data=25 de maio de 2009 |dataacceso=5 de febreiro de 2020 |lingua=es}}</ref>
 
Con todo, a nova etapa na Liga ASOBAL durou só unha tempada,<ref name="historia"/> tras quedar na última posición cun pobre rexistro de tres vitorias, un empate e vinte e seis derrotas para un total de sete puntos, once menos que o Lábaro Toledo, que conseguiu a permanencia logo de finalizar na 14ª posición. Deste xeito o equipo de Curro Lucena consumaba o segundo descenso da Liga Asobal do club cangués.<ref>{{Cita novas |url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/2010/05/16/pagina-37/5620273/pdf.html |título=El Arrate cae derrotado en Torrevieja con un apretado final |xornal=Mundo Deportivo |data=16 de maio de 2010 |dataacceso=5 de febreiro de 2020 |lingua=es}}</ref>{{Harvnp|Cangas|2011|p=104}}
 
Na campaña [[2011]]-[[2012|12]] conseguirían rematar terceiros na clasificación regular, o que lles deu acceso a xogar a eliminatoria polo ascenso. Un ascenso que acabarían acadando tras derrotar ao [[Agrupación Balonmano Gijón Jovellanos|Gijón Jovellanos]] e ao [[Club Balonmano Villa de Aranda|BM Villa de Aranda]].
30.145

edicións