Confederación Intersindical Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 46:
A INTG convocou unha [[folga xeral]] para o 14 de febreiro de 1984 contra as reconversión industriais, en particular contra as que afectavan ao naval. [[CCOO]] e [[UXT]] tamén convocaron folga, aínda que só nas comarcas de [[Comarca de Vigo|Vigo]] e [[Comarca de Ferrol|Ferrol]]<ref>[https://www.nosdiario.gal/articulo/galiza/30-anos-da-primeira-folga-xeral-galega/20140209204518024000.html ''30 anos da primeira folga xeral galega].'' [[Nós Diario]].</ref>. O exito da folga fixo que [[CCOO]] se unise á INTG na seguinte convocatoria de folga xeral, o 12 de xullo. A UXT non se comprometeu co paro, debido á súa relacción co gobernante [[PSOE|Partido Socialista]]. É máis, a [[UXT]] acusou á [[INTG]] e a [[CCOO]] de "crearen un clima de violencia na mesma liña da [[Euskadi Ta Askatasuna|ETA]]". A folga foi considerada exitosa pola [[INTG]] e polo resto de organizacións nacionalistas, o que facilitou unha terceira convocatoria para o 29 de novembro dese mesmo ano. Esta última folga foi contra o pacto social (AES) assinado entre a [[UXT]] e o goberno espanholm e que avanzava na liña do desmantelamento da industria naval da [[Ría de Vigo]]. Esta nova folga volveu a contar co apoio de [[CCOO]] e tivo moitísima repercusión nas áreas máis afectadas, especialmente [[Vigo]] e [[Ferrol]]<ref>EP (1984). [https://elpais.com/diario/1984/11/30/economia/470617203_850215.html ''Las comarcas de El Ferrol y Vigo quedaron ayer paralizadas por la huelga general realizada en Galicia'']. [[El País]].</ref>. Estas tres folgas xerais verificaron o aumento de popularidade e capacidade de mobilización da [[INTG]].
 
===DúaDúas organizacións: CXTG e INTG===
En 1984 xurdiu unha corrente interna critica coa dirección do sindicato e co seu secretario xeral [[Xan Carballo]] (escollido no Congreso de 1983). Esta corrente, denominada Converxencia Sindical Nacionalista (CSN), proviña fundamentalmente da CTG e da CSG, e estava vinculada ao [[Partido Socialista Galego-Esquerda Galega]] (PSG-EG) de [[Camilo Nogueira]]. A CSN decidiu abandonar a [[INTG]] en 1985, formando a [[Confederación Xeral dos Traballadores Galegos]] (CGTG), que celebrou en outubro dese mesmo ano o seu primeiro Congreso. Fernando Acuña foi escollido secretario xeral deste novo sindicato. Nas eleccións sindicais de 1986, a [[CXTG]] conseguiu 1.087 delegados e a [[INTG]] 1.067. As relacións coa [[CXTG]] provocaron unha escisión no interior da [[INTG]], que quedou reflexada nas eleccións internas do III Congreso de 1987, onde houbo 4 candidaturas diferentes. A lista próxima ao [[Bloque Nacionalista Galego]] (BNG) conseguiu 6 membros, a próxima á [[Frente Popular Galega]] (FPG) 3 membros e a vinculada coa [[Assembleia do Povo Unido]] 1 membro. [[Manuel Mera]] foi escollido secretario xeral.
 
===A creación da CIG===
Nos seguintes anos houbo un acercamento entre a CXTG e a INTG que culminou coa candidatura conxunta ás eleccións sindicais de 1990. Esta candidatura foi un éxito, pois conseguiu 3.527 delegados (o 23,7% do total) e o recoñecemento oficial coma sindicatos máis representativo. As dúas centrais sindicais convocaron unha folga xeral nacional conxunta en 1992. O proceso de unificación rematou co congreso fundacional da CIG en 1994.<ref>S.E. (2014). [https://www.nosdiario.gal/articulo/traballo/cig-cumpre-duas-decadas/20140319184517025501.html ''A CIG cumpre dúas décadas'']. [[Nós Diario]].</ref>
 
==Implantación==