Confederación Intersindical Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 28:
 
===O Frente Obreiro e o SOG===
Historicamente, considerase que a reaparición do movemento obreiro galego organziado depois da [[Represión franquista en Galicia|súa práctica destrución nos anos 30 e 40]] pola [[Ditadura Franquista]] foron os graves acontecementos do 10 marzo de 1972, cando dous obreiros ferroláns (Amador Rey e Daniel Niebla) do astaleiro Bazán en [[Ferrol]] foron asasinados pola policía durante a represión dunha manifestación. Centos máis resultaron feridos e houbo ducias de detidos e torturados. A data, que atualmente é recordada através do [[Día da Clase Obreira Galega]], causou unha forte mobilización no resto de núcleos industrias de [[Galiza]], especialmente na cidade de [[Vigo]], en solidariedade coa mobilización ferrolá. En setembro do mesmo ano houbo en [[Vigo]] unha [[folga xeral]] na que participaron 30.000 obreiros<ref>{{Cita web|url=https://www.vigoe.es/cultura/cine/a-folga-xeral-de-vigo-de-1972-como-exemplo-e-para-o-recordo/|páxina-web=Vigoé|título=A folga xeral de Vigo de 1972 como exemplo e para o recordo|data-acceso=03/0272020}}</ref>. Estas mobilizacións foron organizadas por [[Comisións Obreiras]] (CCOO)<ref>{{Cita web|título="A folga xeral de Vigo de 1972 foi o maior éxito histórico da clase obreira galega"|url=https://praza.gal/movementos-sociais/a-folga-xeral-de-vigo-de-1972-foi-o-maior-exito-historico-da-clase-obreira-galega|páxina-web=Praza Pública|data=2013-03-14|data-acceso=2020-02-03|lingua=gl}}</ref>, o principal sindicato e movemento de oposición ao franquismo na altura, pero contaron coa participación de activistas nacionalistas.
 
A finais de 1972, a [[Unión do Povo Galego|UPG]] crea o [[Frente Obreiro]] (FO), dirixido por [[Moncho Reboiras]]. A organización, que non era un sindicato, senón unha "sección" obreira do partido, conseguiu unha certa implantación en Vigo, así como tamén presenza en [[Ferrol]] e na [[Coruña]], ainda que con menor forza. En 1975, devido a un importante incremento da militancia, o FO decidiu converterse nun sindicato de clase, co nome de [[Sindicato Obreiro Galego]] (SOG), que foi o primeiro sindicato galego de orientación nacionalista. Os seus obxectivos eran a loita contra a "explotación dos traballadores galegos", a "emigración forzada" e a "colonización cultural da Galiza". O SOG, de ideoloxía [[Marxismo-leninismo|marxista-leninista]] fixo parte da [[Asemblea Nacional-Popular Galega]] (AN-PG) e celebrou a súa primeira Asemblea Xeral en abril de 1976, xa sen [[Moncho Reboiras]], asasinado o 12 de agosto de 1975 pola [[Policía Armada]] franquista. O SOG disolveuse en 1977 ao unificarse cos sindicatos sectoriais creados pola UPG: a Unión dos Traballadores do Ensino de Galicia (UTEG), o Sindicato dos Traballadores Galegos do Mar (STGM), o Sindicato dos Traballadores Galegos da Administración Pública (STGAP), a Unión dos Traballadores da Sanidade de Galicia (UTSG) e a [[Unión dos Traballadores da Banca de Galiza]] (UTBG)<ref>Pereira, D., Cequiel, U. B. D., & Vázquez, B. M. (2010). https://www.fundacionmonchoreboiras.gal/app/pdf/web/viewer.html?file=https://www.fundacionmonchoreboiras.gal/files/publicacions/2010/CadernoHistoriaMovObreiroDefinitivo.pdf . Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza. pp. 59</ref>.
 
<nowiki>===A ING e os Pactos da Moncloa===</nowiki>
 
Esta converxencia deu lugar á [[Intersindical Nacional Galega]] (ING), fundada en marzo de 1977. En xuño do mesmo ano Francisco García Montes foi escollido como secretario xeral da organización, que celebrou a súa primeira Asemblea Xeral en outubro. O obxectivo principal da ING era preparar o escenario para a constitución dunha "Central Sindical Unica Galega", e, ademais, loitar contra a emigración forzada, pola educación gratuíta para todo o pobo, pola recuperación do patrimonio sindical e pola contrución dunha "Patria Galega Ceive" e sen explotación. Ao mesmo tempo, a ING desvinculouse da [[AN-PG]] para deixar liberdade política aos seus afilados<ref>Eixo nº 9 </ref>.
 
A conxuntura económica era grave. Despois da crise do petróleo de 1973, o paro chegou a niveis moi altos e a inflación superou o 40%. Nese momento foron asinados polos principais partidos políticos, patronal e polos sindicato [[CCOO]] e [[Unión General de Trabajadores|UGT]] os chamados "Pactos da Moncloa". Estes pactos recoñeceron o despido libre para o 5% dos traballadores de cada empresa e fixaron o límite do crecemento salarial nun 22% (independentemente da inflación). A ING convocou varias xornadas de mobilizacións, xunto con outras organizacións da esquerda nacionalista coma a [[AN-PG]], [[UPG]], [[Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas|Comisións Labregas]] (CCLL) e a [[Unión da Mocidade Galega]] (UMG)<ref>VELASCO SOUTO, C. (2012). ''Franquismo serôdio e transiçom democrática na Galiza (1960-1981)''. Santiago: Laiovento.</ref>.
 
==Implantación==