Gillian Armstrong: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Máis de ca.wiki
Liña 2:
{{biografía}}
'''Gillian May Armstrong''', nada en [[Melbourne]] o [[18 de decembro]] de [[1950]] é unha [[dirección de cine|directora]] [[australia]]na de longametraxes e documentais, especializada en [[drama de época|dramas de época]]. Os seus filmes adoitan representar perspectivas e protagonistas femininas.
 
== Traxectoria ==
Nada en Melbourne, Gillian Armstrong creceu no suburbio de Mitcham. Graduouse no Swinburne Technical College en 1968, estudou deseño de vestiario para o teatro e realización de cinema. O 1972 entrou no Australian Film Television and Radio School.<ref name="The Australian: Arts"/> Tres anos despois dirixiu dúas curtametraxes, ''The Singer And The Dancer'' e ''Smokes and Lollies'' (1975).
 
A súa primeira longametraxe, ''[[My Brilliant Career]]'' (1979), adaptación da novela homónima de [[Miles Franklin]], foi a primeira longametraxe australiana dirixida por unha muller en 46 anos. Armstrong recibiu seis premios do [[Australian Film Institute Awards]], incluído o da mellor dirección. Despois do éxito do filme, que foi candidato ao [[Óscar ao mellor deseño de vestiario]], dirixiu o pequeno musical australiano ''Starstruck'' (1981).<ref name="The New York Times"/>
 
A partir de entón, Armstrong especializouse en dramas. O seu maior éxito en Hollywood obtívoo en 1994 coa [[Little Women (filme de 1994)|adaptación]] de ''[[Little Women (novela)|Little Women]]'', protagonizada por [[Winona Ryder]] e [[Susan Sarandon]], á que seguiron filmes como ''[[Oscar and Lucinda (filme)|Oscar and Lucinda]]'' (1997) e ''[[Charlotte Gray]]'' (2001).
 
== Temas e estilo ==
=== Temas ===
Armstrong deu voz ao seu desexo de alcanzar un público amplo nas súas entrevistas, incluíndo homes e mulleres de todas as nacionalidades. Porén, a súa obra diríxese continuamente ás políticas sexuais e as tensións familiares. Os seus filmes céntranse na fuxida e na loita cos roles tradicionais de xénero e a súa evolución e inconvenientes, como en ''One hundred a Day'', ''My Brilliant Career'', ''High Tide'' e ''Oscar and Lucinda''.<ref name="Gale Biography in Context">"Gillian Armstrong: Women Filmmakers & Their Filmes." [http://ic.galegroup.com.ezp.pasadena.edu/ic/bic1/ReferenceDetailsPage/ReferenceDetailsWindow?failOverType=&query=&prodId=BIC1&windowstate=normal&contentModules=&mode=view&displayGroupName=Reference&limiter=&currPage=&disableHighlighting=false&sortBy=&displayGroups=&action=e&catId=&activityType=&scanId=&documentId=GALE%7CK1641000517 ''Gale Biography in Context'']. Gale Cengage Learning. Web.</ref> Ademais, moita xente definiuna como creadora de "mulleres fortes", aínda que insiste que simplemente realiza filmes sobre personaxes complexas e as escollas que estes fan.<ref name="The Australian: Arts">Higson, Rosalie."Gillian Armstrong: The Real Thing"[http://www.theaustralian.com.au/arts/gillian-armstrong-the-real-thing/story-e6frg8n6-1225862000002 ''The Australian: Arts''] The Australian. Web</ref>
 
=== Estilo ===