Estados Pontificios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Movementos revolucionarios: lle viño => viulle
Etiqueta: edición de código 2017
Elisardojm (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 125:
[[Ficheiro:Norditalien_und_Mittelitalien_1806.jpg|245px|miniatura|esquerda|Os Estado Pontificios en 1806.]]
 
O espírito revolucionario francés estendeuse tamén por Italia. En [[1831]], o mesmo ano en que era nomeado papa [[Gregorio XVI, papa|Gregorio XVI]], estoupou un levantamento en [[Módena]], seguido doutro en [[Reggio Emilia|Reggio]] e pouco despois en Boloña, onde se arriou a bandeira papal e se izou no seu lugar a tricolor. En cuestión de semanas todos os Estados Pontificios ardían na fogueira revolucionaria e proclamábase un goberno provisional. En torno á Marca creábase o «Estado das Provincias Unidas» da Italia central. Gregorio XVI non contaba con efectivos militares suficientes para conter un movemento daquelas proporcións; necesitou da axuda estranxeira, que nesta ocasión viulleveulle de Austria. En febreiro de [[1831]] as tropas austríacas entraban en Boloña forzando a saída do «goberno provisional» que se refuxiou en Ancona; en dous meses a rebelión quedou de momento acorada. Con verdadeira urxencia déronse cita en Roma representantes de Austria, [[Rusia]], [[Inglaterra]], Francia e [[Prusia]], as cinco grandes potencias do momento, para analizar a situación e elaborar un ditame sobre as reformas que ao seu xuízo era necesario introducir na administración dos Estados Pontificios. Non todas as suxestións realizadas en tal sentido foron aceptadas por Gregorio XVI, pero si as suficientes como para que os cambios en materia de xustiza, administración, finanzas e outras fosen palpábeis.
 
Malia iso, estes pequenos logros non foron suficientes para satisfacer as demandas dos exaltados revolucionarios. A finais dese mesmo ano de 1831 a rebelión propagábase outra vez polos estados da Igrexa. As tropas austríacas, cuxa presenza constituía unha garantía de estabilidade e orde, regresaran ás súas bases de orixe; foi preciso pedir de nova a súa intervención, cousa que levou a cabo solicitamente o xeneral [[Joseph Radetzky von Radetz|Radetzky]]. Unidas as súas forzas ás do papa foi tarefa fácil tomar Cesena e Boloña, focos da protesta revolucionaria. Francia, pola súa banda, despregou algúns destacamentos en Italia e ocupou Ancona que foi desaloxada en [[1838]]. Despois duns anos de calma a axitación revolucionaria fíxose notar en [[1843]] en Romaña e Umbría. En [[1845]] forzas sublevadas apoderáronse da cidade de Rímini. Puideron ser desaloxadas aínda que non reducidas, de xeito que, se ben abandonaron Rímini, levaron a revolución a Toscana.