Indie rock: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 22:
O termo indie rock, que vén de "independente", describe aos selos pequenos e de presuposto relativamente baixo nos que é editada este tipo de música e á actitude [[DIY]] das bandas e artistas involucrados. Aínda que os contratos de distribución normalmente se realizan con grandes compañías corporativas, estes selos e os grupos que albergan intentaron manter a súa autonomía, deixándoos libres para explorar sons, emocións e e temas cun atractivo limitado para as grandes audiencias do ''[[mainstream]]''.<ref name=":0">{{Cita web|título=Indie Rock Music Genre Overview|url=https://www.allmusic.com/style/indie-rock-ma0000004453|páxina-web=AllMusic|data-acceso=2020-02-02|lingua=en-us}}</ref> As influencias e estilos dos artistas do xénero son extremadamente diversas, e inclúen o [[punk]], a [[psicodelia]], o [[post-punk]] e o [[Música country|country]].<ref>S. Brown and U. Volgsten, ''Music and Manipulation: on the Social Uses and Social Control of Music'' (Berghahn Books, 2006), <nowiki>ISBN 1-84545-098-1</nowiki>, p. 194</ref> Os termos "rock alternativo" e "indie rock" foron termos intercambiables nos anos 80, pero despois de que moitas bandas alternativas seguisen a [[Nirvana (grupo musical)|Nirvana]] no seu éxito cara o ''mainstream'' a principios dos 90, o termo "indie rock" comezou a ser usado para describir a esas banda, que traballando en distintos estilos, non perseguían ou non acadaron o éxito comercial.<ref name=":0" /> En termos de estética, o indie rock caracterízase por un coidadoso equilibrio de accesibilidade pop con noise, experimentación con fórmulas da música pop, letras sensibles enmascaradas por posturas irónicas, unha preocupación sobre a "autenticidade" e a representación dun rapaz ou rapaza sinxelo.<ref>Henry, Stephen; Novara, Vincent J (2009). "Sound Recording Review: A Guide to Essential American Indie Rock (1980-2005)". ''Notes: Quarterly Journal of the Music Library Association''. '''65''' (4): 816-33</ref>
 
''[[Allmusic]]'' identifica o indie rock como unha serie de diferentes enfoques musicais non compatibles cos gustos ''mainstream''.<ref name=":0" /> Unido por unha ética máis que por un enfoque músicalmusical, o movemento indie rock abarcou unha ampla gama de estilos, dende as bandas máus duras influenciadas polo grunge, pasando por grupos DIY experimentais como Pavement, ata cantantes [[punk-folk]] como [[Ani DiFranco]].<ref>S. T. Erlewine, "American Alternative Rock / Post Punk", en V. Bogdanov, C. Woodstra e S. T. Erlewine, ''All Music Guide to Rock: the Definitive Guide to Rock, Pop, and Soul'' (Milwaukee, WI: Backbeat Books, 3ª ed., 2002), <nowiki>ISBN 0-87930-653-X</nowiki>, pp. 1344-6</ref> De feito, hai unha lista eterna de xéneros e subxéneros do indie rock.<ref>{{Cita novas|título=When Indie-Rock Genres Outnumber the Bands|url=https://www.nytimes.com/2010/01/03/arts/music/03indie.html|xornal=The New York Times|data=2009-12-31|data-acceso=2020-02-02|issn=0362-4331|lingua=en-US|nome=Ben|apelidos=Sisario}}</ref> Moitos países desenvolveron unha extensa escena indie local, florecendo con bandas coa suficiente popularidade como para sobrevivir dentro dos seus respectivos países, pero sendo virtualmente descoñecidas fóra deles. Porén, aínda hai bandas indie que comezan localmente e consiguen chegar a un público internacional.<ref>{{Cita novas|título=Feeling Hyper, Indie Rock Casts Off Its Slacker Image|url=https://www.nytimes.com/2004/10/16/arts/music/feeling-hyper-indie-rock-casts-off-its-slacker-image.html|xornal=The New York Times|data=2004-10-16|data-acceso=2020-02-02|issn=0362-4331|lingua=en-US|nome=Jon|apelidos=Pareles}}</ref><ref>J. Connell and C. Gibson, ''Sound Tracks: Popular Music, Identity, and Place'' (Abingdon: Routledge, 2003), <nowiki>ISBN 0-415-17028-1</nowiki>, pp. 101-3</ref>
 
O indie rock destaca por ter unha proporción relativamente alta de artistas femininas en comparación con anteriores xéneros do rock, unha tendencia exemplificada no desenvolvemento da música feminista [[riot grrrl]] de artistas como [[Bikini Kill]], [[Bratmobile]], [[7 Year Bitch]], [[Team Dresch]] e [[Huggy Bear]].<ref>M. Leonard, ''Gender in the Music Industry: Rock, Discourse and Girl Power'' (Aldershot: Ashgate, 2007), <nowiki>ISBN 0-7546-3862-6</nowiki>, p. 2</ref> Porén, Cortney Harding sinalou que este sentido de igualidade non se ve reflexado no número de mulleres que dirixen selos independentes.<ref>Harding, Cortney (13 de outubro de 2007). "UpFront: The Indies - Where the Girls Aren't: Why Aren't More Women Running Indie Labels". ''Billboard - The International Newsweekly of Music, Video and Home Entertainment''.</ref>