Diferenzas entre revisións de «Osíxeno»

 
=== Acumulación na atmosfera ===
{{Ver tamén|Historia xeolóxica do oxíxeno}}
[[Ficheiro:Oxygenation-atm gl.svg|miniatura|esquerda|300px|Acumulación do O<sub>2</sub> na atmosfera terrestre: 1) Sen produción de O<sub>2</sub>; 2) O<sub>2</sub> producido, pero absorbido en océanos e rochas do fondo mariño; 3) O O<sub>2</sub> comeza a saír dos océanos, pero é absorbido pola superficie terrestre e debido á formación da capa de ozono; 4–5) O O<sub>2</sub> descende e o gas acumulase.]]
O osíxeno gaseoso non combinado era case inexistente na [[atmosfera terrestre]] antes da evolución das [[bacterias]] e [[arqueas]] fotosintéticas. Apareceu por primeira vez en cantidades significativas durante o [[Eón xeolóxico|eón]] [[Paleoproterozoico]] (fai ao redor de 3000 e 2300 millóns de anos).<ref name="Crowe2013">{{cita publicación periódica| apelidos1 = Crowe | nome1= S. A. | apelidos2 = Døssing | nome2 = L. N. | apelidos3 = Beukes | nome3 = N. J. | apelidos4 = Bau | nome4 = M. | apelidos5 = Kruger | nome5 = S. J. | apelidos6 = Frei | nome6 = R. | apelidos7 = Canfield | nome7 = D. E. | título= Atmospheric oxygenation three billion years ago | revista= Nature | volume = 501 | número= 7468 | páxinas= 535–538 | ano= 2013 | pmid = 24067713 | doi = 10.1038/nature12426 }}</ref> Nun principio, o osíxeno combinouse con [[ferro]] disolto nos océanos para crear [[Formación de ferro bandeado|formacións de ferro bandeado]]. Os océanos comezaron a exhalar osíxeno non combinado fai ao redor de 3000 e 2700 millóns de anos, alcanzando o 10 % do seu nivel actual fai uns 1700 millóns de anos.<ref name="Crowe2013" /><ref name="Campbell">{{cita libro|apelidos = Campbell|nome = Neil A.|apelidos2= Reece|nome2= Jane B.|título = Biology, 7ª Edición|editorial = Pearson&nbsp;– Benjamin Cummings |ano=2005|lugar= San Francisco|páxinas = 522–523|isbn = 0-8053-7171-0}}</ref>
 
A presenza de grandes cantidades de osíxeno non combinado disolto nos océanos e na atmosfera puido conducir á [[extinción]] da maioría dos [[Organismo anaerobio|organismos anaerobios]] que vivían entón, durante a [[evento da grande oxidación|Grande Oxidación]] (''catástrofe do osíxeno'') fai uns 2400 millóns de anos. Con todo, o uso de O<sub>2</sub> na [[respiración celular]] permite producir aos [[organismo aerobio|organismos aerobios]] moito máis ATP que os anaerobios, axudando aos primeiros a dominar a [[biosfera]] da Terra.<ref name="Freeman">{{cita libro|apelidos = Freeman| nome = Scott|título = Biological Science, 2nd|editorial = Pearson&nbsp;– Prentice Hall |ano=2005|páxinas = 214, 586|isbn = 0-13-140941-7}}</ref> A fotosíntese e a respiración celular do O<sub>2</sub> permitiron a evolución das [[célula eucariota|células eucariotas]] e, finalmente, a aparición de [[Organismo pluricelular|organismos multicelulares]] complexos como plantas e animais.
 
Desde o comezo do período [[Cámbrico]] fai 540 millóns de anos, os niveis de O<sub>2</sub> flutuaron entre o 15 % e o 30 % por volume.<ref name="geologic">{{cita publicación periódica |título=Atmospheric oxygen over Phanerozoic time |nome=Robert A. |apelidos=Berner |número=20 |páxinas=10955–57 |ano=1999|revista=Proceedings of the National Academy of Sciences of the USA |pmid=10500106 |doi=10.1073/pnas.96.20.10955 |volume=96 |pmc=34224 |bibcode=1999PNAS...9610955B}}</ref> Cara a finais do [[Carbonífero]] (fai uns 300 millóns de anos) o nivel de O<sub>2</sub> na atmosfera alcanzou un volume máximo do 35 %,<ref name="geologic" /> que puido contribuír ao gran tamaño dos insectos e anfibios daquela época.<ref name=Butterfield2009>{{cita publicación periódica|título=Oxygen, animals and oceanic ventilation: an alternative view|revista=Geobiology|volume=7|apelidos=Butterfield|nome= N. J.|ano=2009|número=1|doi=10.1111/j.1472-4669.2009.00188.x|pmid=19200141}}</ref> As variacións nos niveis de osíxeno ó longo da historia foron modificando os distintos climas. A redución de niveis de osíxeno causou unha baixada na densidade atmosferica, que a súa vez incrementou a evaporización de agua na superficie, dando lugar a un incremento de precipitacións e unhas temperaturas máis temperás.<ref>{{cita publicación periódica|doi=10.1126/science.1260670|revista=Science|título=Long-term climate forcing by atmospheric oxygen concentrations|nome1=Christopher J. ||apelidos1=Poulsen|nome2=Clay |apelidos2=Tabor|nome3= Joseph D.|apelidos3= White}}</ref> A actividade humana, incluíndo a combustión de 7000 millóns de toneladas de [[combustible fósil]] cada ano, tivo un impacto moi pequeno na cantidade de osíxeno combinado na atmosfera.<ref name="NBB303"/> Cos niveis actuais da fotosíntese, levaría uns 2000 anos rexenerar a cantidade total de O<sub>2</sub> na atmosfera actual.<ref>{{cita publicación periódica|título=The Natural History of Oxygen|nome=Malcolm|apelidos=Dole |url=http://jgp.rupress.org/content/49/1/5.full.pdf|revista=The Journal of General Physiology|volume=49|páxinas=5–27|ano=1965|doi=10.1085/jgp.49.1.5|pmid=5859927|número=1|pmc=2195461}}</ref>
190.202

edicións