Edfu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Dinastía tolemaica
corrixo lingua
Liña 5:
O templo de Horus permaneceu enterrado baixo a area durante case 2000 anos, o que permitiu que chegase até hoxe nun bo estado de conservación. Trátase do templo arquetípico exipcio, cunha sucesión de recintos cada vez máis pequenos e escuros en progresión gradual e simbólica cara a escuridade do [[santuario]]. É o templo [[Dinastía tolemaica|tolemaico]] máis grande e mellor conservado e unha boa réplica de templos máis antigos. En tamaño é o segundo despois do de [[Karnak]]. A decoración é exclusivamente relixiosa e mitolóxica.
 
A construción comezou en [[-237|237 a.C.]] sobre un santuario anterior moi antigo, existente aínda en tempos de [[Thutmose III]]. O ''[[naos]]'', parte do ''[[pronaospronao]]'' e toda a parte norte construíronse en tempos de [[Tolomeo IV]] Filopátor; as obras duraron 180 anos e remataron o [[5 de decembro]] de [[-57|57 a.C.]].
 
O templo oriéntase cara o sur e ten 137 metros de longo. O muro que o arrodea únese a el á altura da entrada, deixando un paso reducido. O primeiro '''[[pilono]]''', de 36 metros de altura, está decorado con escenas que mostran a [[Tolomeo XII]] Neo Dioniso derrotando aos seus inimigos en presenza de [[Hathor]] e de [[Horus]]. As dúas torres do pilono están divididas en catro andares con cámaras iluminadas por aberturas estreitas. Van precedidas de dous [[falcón]]s de [[granito]] negro.
Liña 11:
[[Ficheiro:Edfu pylon from courtyard.jpg|esquerda|miniatura|200px|Pilono desde o interior do patio]]
[[Ficheiro:Egypt.Edfu.Temple.01.jpg|dereita|miniatura|100px|Estatua do deus falcón Horus]]
O '''patio''' está rodeado por unha [[columnata]] en tres dos lados. Os [[capitel|capiteis]] son diferentes en cada columna mais correspóndense cos do lado oposto. Xusto antes da entrada ao '''[[pronaospronao]]''' ou primeira sala [[hipóstila]] atópase unha famosa estatua do falcón [[Horus]], coa cabeza cuberta por unha [[dobre coroa]]. As dúas pequenas cámaras laterais servían para a purificación dos sacerdotes antes dos ritos e como biblioteca, co catálogo de libros litúrxicos inscrito nas paredes.
 
A '''segunda sala hipóstila''', máis pequena, ten un teito sustentado por doce columnas. Nas cámaras dos lados gardábanse as ofrendas dos deuses antes de seren levadas á sala das ofrendas; unha era para "ofrendas secas" e outra para "ofrendas líquidas"; outra cámara era un laboratorio e as fórmulas utilizadas tamén están nas paredes. Desde a '''sala das ofrendas''', a continuación desta segunda sala hipóstila, unha [[escalinata]] leva ás terrazas. Os muros da escalinata están decorados con escenas da festa de Aninovo, cando a estatua dos deuses tutelares dos templos se sacaban para que o sol as revitalizase.