Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
Nova sección: →‎Luisa Gayoso
Liña 2.302:
 
Sen compromiso. Un saúdo e a seguir. --[[Usuario:HombreDHojalata|<span style="font-size:90%;color:maroon;text-shadow:peru 1px 1px 1px;">. '''''HombreDHojalata'''''</span>.]]<sup>[[Conversa usuario:HombreDHojalata|<span style="font-size:86%;color:brown;">conversa</span>]]</sup> 8 de xaneiro de 2020 ás 19:07 (UTC)
 
== [[Luisa Gayoso]] ==
 
Ola, [[Usuario:Xas|Xas]]! Quería preguntarche unha cousa sobre o artigo que escribiches no seu día sobre esta estraña poetisa. No limiar pos que era unha «''propagandista''», pero non sei por que motivo. Poderías aclararmo? É que estiven mirando todo o que hai publicado sobre ela e non hai nada que me leven a pensar tal.
 
Por outra banda, penso que é un pseudónimo. A súa actividade circunscríbese só entre 1928 e 1933 (non podo incluír as publicacións en [[El Compostelano]] porque son reproducións dos poemas de ''Myosotis. Poesías'', extraídas probablemente do libro directamente). Cando aparece nos anos 40 semella que é sempre por citas do seu traballo, incluso cando en 1947 é radiado un dos seus traballos, que non se especifica cal é. É dicir, é tan breve a súa presenza que isto só pode indicar que cambiou a súa sinatura posteriormente. Se tivese morto ou casado, habería algunha referencia. Pero, non é así.
 
Coido que algunha (ou algún) das asociadas da Juventud Católica Femenina de Santiago que se citan nos xornais da época pode ser realmente Luisa Gayoso.
 
En fin, xa me dis algo cando poidas. Grazas e unha aperta!--[[Usuario:Castelao|Castelao]] ([[Conversa usuario:Castelao|conversa]]) 1 de febreiro de 2020 ás 17:33 (UTC)