Moncho Reboiras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución da categoría "Personalidades do sindicalismo de Galicia" pola categoría "Sindicalistas de Galicia"
Lameiro (conversa | contribucións)
algunhas correccións
Liña 25:
Rematada a carreira, a Escola concedeulle unha bolsa para facer un traballo de especialización nos [[estaleiro]]s [[Barreras]]. Por esta altura, en [[1972]], tivo lugar a "Folga de Setembro" onde Reboiras acada un papel importante como organizador.
 
Perdida a bolsa de estudos por esta razón,{{Cómpre referencia}} dedícase á loita política. Traballa en [[Grupo de Empresas Álvarez|Álvarez]] de ''Vigo'', o quepero tivo que abandonardeixalo por razóns de saúde.{{Cómpre referencia}} Mudouse entón para [[Ferrol]], onde traballou en [[Astano]] e, posteriormente, na [[A Coruña|Coruña]], onde entrou como obreiro no complexo fabril de [[Intelsa]]. Reboiras procedeu por este tempo, en nome da [[Unión do Povo Galego|UPG]], á organización da [[Fronte Cultural Galega]].
 
Nos anos [[1973]] e [[1974]] foi un dos organizadores dos grupos sindicais. Promoveu o boicot ás eleccións do [[Sindicato Vertical]] en [[1974]], campaña que serviu tamén para o lanzamento do [[Sindicato Obreiro Galego|SOG]] ([[Sindicato Obreiro Galego]]) que, coa [[Unión de Traballadores do Ensino de Galicia|UTEG]] ([[Unión de Traballadores do Ensino de Galicia]]) xa constituída, conformou en pouco tempo a [[INTG|Intersindical galega]], predecesora da actual [[Confederación Intersindical Galega]] (CIG). Por outra banda, foi un dos líderes do grupo sindicalista da [[A Coruña|Coruña]], que editaba a revista ''Xerme''.
 
Reboiras foi tamén, como membro do Comité Central e do Comité Executivo da UPG, un dos marcadores das directrices nese partido de inspiración [[marxismo-leninismo|marxista-leninista]].