Córsega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 4 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
→‎Gastronomía: o mel é masculino
Liña 120:
A comida de Córsega pode definirse como unha fusión das cociñas francesa e italiana, debido á súa posición xeográfica próxima aos dous países. Pódense atopar alimentos tan populares como a pizza, pasta, embutidos e queixos de leite de ovella. Porén cada rexión dentro da illa ten ás súas propias receitas. Nas montañas, por exemplo é típica a carne de animais silvestres coma o xabarín e o coello. Outro prato típico é a troita abundante moitos ríos nalgunhas estacións.
 
Así pois os principais produtos corsos derivan da castaña, os cítricos, a chacinaría de porco e o leite e queixo de ovella. Os produtos que teñen unha denominación protexida son: o viño de Córsega, con nove denominacións de orixe, ao mel corsacorso (''mele di Corsica''), o ''brocciu'', un queixo de leite de cabra e ovella e o aceite de oliva (''oliu di Corsica'').
 
Outros produtos tradicionais son os ''figatellu'' (salchicha de fígado), o ''prizuttu'' (xamón seco), o civet de xabarín, os queixos bastilicacciu, calinzanu, niolincu, venachese e sartinesi. En canto a pastelaría a ''pulenda'' (fariña de castaña), os ''nicci'' (filloas a base de fariña de castaña) e os ''canistrelli'' (galletas de limón, anís e castaña). En canto ás bebidas, destacan cervexa con aroma de castaña e os licores de castaña ou cereixa.