Barbanegra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Lles (conversa | contribucións)
m barco a vela → barco de vela https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2019-12/ANL_Na_Universidade_onde_queiras_pero_coa_lingua_0.pdf
Liña 64:
Mentres estaba en Charleston, Barbanegra coñeceu a nova da saída de [[Woodes Rogers]] dende [[Inglaterra]] con varios ''[[men-of-war]]'', coa orde de liberar de piratas as [[Indias Occidentais]]. A frota de Teach navegou cara ao norte ao longo da costa do [[Océano Atlántico|Atlántico]] en dirección ao [[Estuario|Esteiro]] de Topsail (coñecido tamén como Esteiro de Beaufort), na costa da [[Carolina do Norte]], coa intención de carenar os seus navíos e facer o mantemento dos cascos. Porén, o ''Queen Anne's Revenge'' encallou nun banco de area, quebrando seu [[mastro]] principal e danándoo gravemente. O capitán ordenou que varias corvetas tirar cordas ao redor do buque insignia para tentar liberalo. A corveta ''Adventure'', comandada por Israel Hands, tamén encallou, quedando ámbolos dous navíos danados de forma irreversíbel.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|pp=50–51}}</ref> Finalmente abandonaron os barcos e partiron a bordo do ''Revenge'' (do [[lingua inglesa|inglés]]: ''Vinganza'') e unha corveta española capturada.<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|p=183}}</ref>
 
Barbanegra coñecía a posibilidade do perdón real e manexou a posibilidade de aceptalo. O indulto estaba aberto para todos os piratas que se renderan antes do [[5 de setembro]] de [[1718]], mais contiña unha excepción que estabelecía que só serían perdoados de crimes cometidos antes do [[5 de xaneiro]]. Aínda que, na teoría, Bonnet e Teach poderían ser enforcados polas súas accións en Charleston, a maioría das autoridades poderían renunciar a tales condicións. Teach pensou que o gobernador [[Charles Eden]] era un home no cal podería confiar, mais para asegurarse, agardou para ver o que acontecía con outro capitán.<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|pp=183–185}}</ref> Bonnet partiu inmediatamente nun pequeno barco ade vela, posibelmente unha lancha do ''Queen Anne's Revenge'', cara a [[Bath, Carolina do Norte|Bath Town]], onde se rendeu ao gobernador Eden e recibiu o perdón. Bonnet viaxou de volta cara ao Esteiro de Beaufort coa intención de buscar seu navío ''Revenge'' e a tripulación restante para navegar até a illa de [[San Tomé, Illas Virxes|San Tomé]] e recibir unha comisión. Porén, Barbanegra baleirara o navío dos seus obxectos de valor e das provisións, abandonado a súa tripulación á deriva. Bonnet decidiu vingarse de Teach, mais non conseguiu atopalo. Bonnet e súa tripulación volveron á pirataría, resultando capturados o [[27 de setembro]] de 1718 na foz do [[río Cape Fear]]. Todos, con excepción de catro deles, foron xulgados e enforcados en Charleston.<ref name="Leepp5254">{{Harvnb|Lee|1974|pp=52–54}}</ref>{{refn|O navío capturado ''Revenge'' incluíuse posteriormente nunha frota de naves comandada polo gobernador de Carolina do Sur. A frota realizou un ataque nun grupo de piratas á entrada do porto de Charleston, dando como resultado a execución de 49 piratas nun mes, que foron aforcados e expostos preto de [[Battery Park (Charleston)|White Point]].<ref name="Leepp5254"/>|group=lower-alpha}}
 
O autor Robert Lee supuxo que Teach e Hands encallaran os navíos intencionadamente alí para reducir a cantidade de tripulantes, aumentando a súa parte dos espolios. Durante o xuízo da tripulación de Bonnet, o contramestre do ''Revenge'', Ignatius Pell declarou que "o navío [de Teach] foi deixado en terra e se perdeu, Thatch causou o feito".<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Cobbett|Howell|Howell|1816|p=1249}}</ref> Lee considera plausíbel que Teach informase a Bonnet sobre o plan de aceptar o perdón do gobernador Eden. Barbanegra suxeriu que Bonnet fixese o mesmo, e como a guerra entre a [[Guerra da Cuádrupla Alianza|Cuádrupla Alianza]] e [[España]] estaba comezando, podería entón considerar unha comisión como corsario de Inglaterra. Lee suxire tamén que Teach ofreceu a Bonnet a devolución do seu navío ''Revenge''.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|pp=51–52}}</ref> Konstam propón unha idea semellante, explicando que Teach comezou a ver o ''Queen Anne's Revenge'' como unha especie de carga. O feito dunha frota pirata ancorada fixo que a noticia se estendese polas as cidades veciñas e as colonias, e calquera embarcación nas proximidades podería atrasar a partida. Para Teach foi polo tanto prudente non permanecer por moito tempo, a pesar que se considera que destruír o navío foi unha medida un tanto extrema.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Konstam|2007|pp=150,&nbsp;167}}</ref>