Family Guy: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m número_de_episodios
m Arranxiños
Liña 24:
}}
 
'''''Family Guy''''' é unha [[comedia]] de animación norteamericana creada por [[Seth MacFarlane]] para [[Fox Broadcasting Company|FOX]] en [[1999]]. A serie foi cancelada unha vez en [[2000]] e outra no [[2002]], pero as fortes vendas de [[DVD]] e as reposicións dos capítulos en [[Cartoon Network]] levou á [[FOX]] a retomar a súa produción no [[2005]]. Este é sen dúbida un feito único para unha serie de televisión, e aínda máis para unha serie de animación.
 
O principal protagonista, [[Peter Griffin]], é a cabeza dunha familia de clase media clasicamente disfuncional. A marca de humor propia de ''Family Guy'' son as habituais referencias á cultura popular de forma disparatada e os ''[[flashback]]s'' sen sentido que xorden durante os momentos máis divertidos e máis inesperados.