Arturo Noguerol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
retiro dato erróneo
Liña 13:
Amigo, tamén, de [[Vicente Risco]], con quen coincidiu no [[Cenáculo ourensán]], participou na publicación ''[[La Centuria]]'' da que foron xerentes, e que foi de vital importancia para a expresión dunha xeración de intelectuais ourensáns antes da súa conversión ao [[Galeguismo (política)|galeguismo]] das [[Irmandades da Fala]], da man de Antón Losada Diéguez, e que posteriormente sería a [[Xeración Nós]].
 
En ''La Centuria'' escribiu catro artigos, entre eles "La patria", un dos primeiros testemuños que se emitiu a prol do [[Galeguismo (política)|galeguismo]] que serviría de punto de partida para constituír a Irmandá Rexionalista d'Ourense en 1918. Publicou once artigos na revista ''[[Nós (revista)|Nós]]'', catro artigos en ''La Centuria'', dous en ''[[O Tio Marcos d'a Portela|O Tio Marcos d´a Portela]]'', outros seis na revista ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'', dous en ''[[La Billarda]]'', e dous en ''[[La Zarpa]]'' e un en ''[[Follas Secas]]''. O 15 de setembro de 1930 publicou o seu derradeiro artigo no nº 81 de ''Nós'', titulado “Notas políticas”. A partir de entón retirouse da vida política e literaria''.''
 
Foi secretario de administración local e exerceu no [[O Pereiro de Aguiar|Pereiro de Aguiar]], [[Avión]], [[Rianxo]] e Serantes. Durante a [[Folga xeral revolucionaria de 1934|revolución de 1934]], cando era secretario do concello de [[Serantes, Ferrol|Serantes]], foi detido por posesión de arma de fogo, mais foi exonerado. Tras o [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] foi detido polos sublevados por propagar noticias tendenciosas, e encadeado na prisión da Escollera de Ferrol. Foi procesado, e o xuíz militar comprobou a súa inocencia e ordenou a súa liberación. Foi novamente detido por elementos paramilitares. Na tarde do 11 de setembro de 1936 introduciron a Noguerol con outras doce persoas nun autobús e na noite seguinte executáronnos no cemiterio parroquial de Serantes na estrada da Coruña ó Ferrol, onde foron soterrados.