Zooplancto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Meganyctiphanes norvegica2.jpg|miniatura|250px|Un [[Euphausiacea|eufausiáceo]] (krill).]]
[[Ficheiro:Copepodkils.jpg|miniatura|250px|Un [[copépodo]].]]
Tradicionalmente dividiuse a [[plancto|comunidade planctónica]] en '''[[fitoplancto]]''' ou '''[[plancto]]''' vexetal e en '''zooplancto''' ou plancto animal.<ref>[http://www.realacademiagalega.org/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=49224 '''zooplancto''' no dicionario da [[RAG]].]</ref>
 
Denomínase '''zooplancto'''<ref>Do grego ζωον ''zōon'', "animal", e ''plancto''.</ref> á fracción do [[plancto]] constituída por seres que se alimentan por inxestión, de [[materia orgánica]] xa elaborada. Intégrana [[protozoos]], é dicir, [[protistas]] diversos, [[fagotrofia|fagótrofos]] que engloban o alimento [[endocitose|fagocitándoo]], e tamén por [[larva]]s de animais máis grandes, como [[Porifera|esponxas]], [[verme]]s, [[equinodermos]], [[moluscos]] ou [[crustáceos]] e doutros [[artrópodos]] acuáticos, así como formas adultas de pequeno tamaño de crustáceos como [[copépodos]] ou [[cladóceros]], [[rotíferos]] e fases xuvenís de [[peixes]].
 
Son [[heterótrofo]]s que oupan na [[cadea trófica]] as primeiras posicións de [[cadea trófica|consumidores]], alimentándose dos [[produtores primarios]] (compoñentes do [[fitoplancto]]), de organismos [[descompoñedor]]es (como [[bacterias]]) ou doutros compoñentes do zooplancto. Algúns se alimentan de residuos orgánicos particulados.