Filípico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxiños
 
Liña 6:
O seu reinado ([[711]]-[[713]]) deu comezo a unha serie de breves reinados nos que uns xenerais foron substituíndo a outros á fronte do Imperio, uns reinados que deron lugar a confusión política, a perda de territorios e a un desprestixio da figura imperial.
 
Entre os seus primeiros actos, atopouse o de depoñer a Ciro, o patriarca ortodoxo de Constantinopla, en favor de Xoán, un membro da seita monotelista. Filípico destacouse no campo relixioso como defensor do [[monotelismo]], doutrina que predicaba que [[Cristo]] tiña unha única vontade e que deixaba de lado a cuestión da súa natureza e da súa enerxía. O monotelismo trataba de ser unha solución de compromiso entre a ortodoxia cristiá e o [[monofisitismo]]. A aposta de Filípico polo monotelismo entraba en contradición coa política dos seus predecesores que se distanciaron desta doutrina e apostara pola ortodoxia como forma de congraciarse co cristianismo occidental e o [[PapadoPapa]]do. Crese que a aposta de Filípico polo monotelismo foi un intento de atraerse á poboación armenia, maioritariamente monofisita, á órbita do Imperio.
 
No plano militar Filípico tívose que enfrontar, por unha banda, á perda do control bizantino sobre a rexión de [[Cilicia]] que caeu en mans dos árabes, mentres que nos [[Balcáns]], os búlgaros atacaron ao Imperio e chegaron case ata as portas de Constantinopla. Cando Filípico trataba de reorganizar as súas forzas para repeler eses ataques; foi deposto por un motín protagonizado polos soldados da ''thema'' (distrito militar) de Opsikion (rexión de Constantinopla), que o deixaron cego.. Sucedeuno ao mando do estado Artemio, un oficial do palacio que tomou o nome de [[Anastasio II, Emperador(emperador)|Anastasio II]] e que derrogou todos os edictos favorecedores do monotelismo que aprobara o seu predecesor.
 
{{Gobernante|
Liña 14:
DINASTIA=|
ANTES= [[Xustiniano II]]|
DESPOIS= [[Anastasio II, Emperador(emperador)|Anastasio II]]|
DATA_ENTRADA=[[711]]|
DATA_SAIDA=[[713]]|