Segunda República Española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/grande
Lameiro (conversa | contribucións)
*escalonada non nos serve
Liña 48:
== Proclamación ==
[[Ficheiro:Republique-allegorie.jpg|miniatura|Alegoría da Segunda República Española.]]
Trala dimisión do ditador [[Miguel Primo de Rivera]], o rei [[Afonso XIII]] intentou devolver ó debilitado réxime monárquico a lexitimidade popular. Para iso, o goberno presidido polo almirante [[Juan Bautista Aznar]] convocou unha rolda de eleccións escalonada, comezando polas municipais para seguir coas xerais. Tendo en conta as circunstancias, as eleccións municipais adquiriron un carácter de plebiscito en prol ou en contra da [[monarquía]].
 
O [[12 de abril]] de [[1931]] celebrouse a segunda rolda das eleccións municipais. Aínda que cuantitativamente saldáronse coa vitoria monárquica nas urnas (26.257 concelleiros monárquicos fronte a 24.731 republicanos)<ref>Estes datos corresponden ós da segunda volta das eleccións segundo o ''Anuario Estatístico de 1931''. Na primeira rolda, do [[5 de abril]], elixíronse ós concelleiros por aplicación do artigo 29, é dicir, por candidatura única. Estes resultados deron 14.018 concelleiros monárquicos e só 1.832 republicanos. Porén, non se saben os datos con exactitude, xa que este Anuario non é fiable. Miguel Martínez Cuadrado outorga 19.035 concelleiros ós monárquicos, 39.568 ós republicanos e 15.198 a tradicionalistas, integristas, nacionalistas vascos, independentes etcétera, na súa obra ''Elecciones y partidos políticos en España''. Para [[Javier Tusell]] os monárquicos obtiveron 40.324, os indefinidos 1.207, os comunistas 67, os republicanos 34.688 e os socialistas 4.813.<br/>