GNU/Linux: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
4bot (conversa | contribucións)
m requirir
4bot (conversa | contribucións)
m Robot: Reemplazo automático de texto (-\botorg +outorg)
Liña 12:
En 1977, migrouse o UNIX a unha nova máquina diferente das PDP nas que se executara até o momento. O estar escrito en '''C''' fixo que este proceso fose sinxelo posto que a meirande parte do código simplemente precisaba unha recompilación para a nova máquina e non unha reescritura completa.
 
A finais dos 70, AT&T como non podía explotar comercialmente UNIX, otorgououtorgou licenzas a certas empresas e universidades a prezos simbólicos. Este foi o factor determinante para a expansión e desenvolvemento posterior de UNIX: na universidade de Berkeley (California), por exemplo, estudaron o seu código fonte para explicalo nas súas clases e crearon a súa propia variante do sistema que denominaron [[BSD]] (Berkeley Software Distribution); no entanto, AT&T traballaba na súa propia versión do sistema á que chamou System V; á súa vez, a empresa SUN Mycrosystems desenvolveu unha variante chamada SunOS que logo pasaría a denominarse Solaris. Toda esta cantidade de variantes foi posíbel porque o código fonte de UNIX estaba disponíbel có cal as melloras que ían surxindo podíanse compartir có conseguinte beneficio para os usuarios.
 
Nos anos 80, a lei permitiu explotar de maneira comercial o UNIX e a primeira medida que se deixou notar foi a restricción na distribución do código fonte do sistema. É dicir, a partir deste momento, unha empresa podía mercar UNIX para utilizar nos seus ordenadores pero non ía dispoñer do código fonte, có cal, só podería facelo a empresa propietaria do código fonte, a cal, evidentemente non ía facer cambios no sistema cada vez que un usuario o requirise senon que a empresa desenroladora fariao cando o considerase oportuno e lle fose rendíbel.