Philip Grierson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna
Liña 27:
'''Philip Grierson''', nado o [[15 de novembro]] de [[1910]] en [[Dublín]], [[Irlanda]], e finado o [[15 de xaneiro]] de [[2006]] en [[Cambridgeshire]], [[Inglaterra]], foi un [[historiador]] e [[numismático]] [[Gran Bretaña|británico]].<ref>"[https://www.inc-cin.org/assets/pdf/articles/obituary-grierson.pdf Nécrologies: Philip Grierson (15 novembre 1910 - 15 janvier 2006)]". [[Consello Internacional de Numismática]].</ref><ref>McKendrick, N. ''[https://www.theguardian.com/news/2006/jan/18/guardianobituaries.highereducation Philip Grierson]'' (obituario). En ''The Guardian''. 18 de xaneiro de 2006.</ref><ref>"[https://www.telegraph.co.uk/news/obituaries/1508263/Professor-Philip-Grierson.html Professor Philip Grierson]" (obituario). En ''The Telegraph''. 20 de xaneiro de 2006.</ref>
 
Grierson foi [[profesor emérito]] de numismática en [[Universidade de Cambridge]] e membro do [[Gonville and Caius College]], da mesma cidade, ao longo de setenta anos. Durante a súa longa e prolífica carreira académica reuniu a [[Coleccionismo de moedas|colección de [[moeda]] [[Idade Media|medieval]], publicou abundantemente sobre ese asunto e situouno no punto de atención da [[comunidade científica]].<ref>"Caius and Cambridge". En ''[https://www.fitzmuseum.cam.ac.uk/aboutus/coins/events/grierson/addresses A Celebration of the Life of Philip Grierson. Programme and Full Texts]''. Museo Fitzwilliam.</ref>
 
Á parte do exercicio da [[Ensino superior|docencia]] en Cambridge tamén ocupou diversos postos docentes en [[Bruxelas]] e en [[Washington, D.C.|Washington]].
Liña 52:
 
=== Coleccionismo numismático ===
A vinculación coa numismática de Grierson produciuse dun xeito casual. Nunha visita á casa familiar no [[Nadal]] de [[1944]] atopou nun caixón do escritorio do seu pai unha [[moeda bizantina]] de [[bronce]] do [[Lista de emperadores bizantinos|emperador]] [[Focas, emperador|Focas]], e este achado estimulouno a visitar a empresa de coleccionismo Spink, en [[Londres]], onde adquiriu unhas poucas moedas a modo de material ilustrativo para utilizar nas súas conferencias.<ref name="ReferenceB">De Callataÿ, F; Devroey, J-P. (2010). Páxina 146.</ref><ref>"The Numismatist". En ''[https://www.fitzmuseum.cam.ac.uk/aboutus/coins/events/grierson/addresses A Celebration of the Life of Philip Grierson. Programme and Full Texts]''. Museo Fitzwilliam.</ref>[[Ficheiro:FitzwilliamMuseum.jpg|miniatura|[[Fachada]] do [[museo Fitzwilliam]], que alberga a colección de [[numismática]] [[Idade Media|medieval]] [[Europa|europea]] de '''Philip Grierson''']]Porén, ese suceso espertou en Grierson o interese polo [[Coleccionismo de moedas|coleccionismo]] (quizais herdado do seu pai) de tal xeito que ao final do ano seguinte xa tiña 1.500 moedas e a finais de [[1946]] arredor de 3.500. Co tempo, a súa colección chegou a ter 20.000 pezas, cun valor estimado en varios millóns de [[Libra esterlina|libras]], e foi a colección máis representativa da moeda medieval europea de todo o mundo. Aínda que a colección residiu no museo Fitzwilliam durante moitos anos en vida de Grierson, onde se ía enriquecendo con novos exemplares, a súa titularidade non pasou a corresponderlle ao museo ata a súa morte.<ref name="ReferenceB"/>
En [[1982]], Grierson procurou financiamento para o proxecto de publicación da súa [[Coleccionismo de moedas|colección numismática]] e de aí xurdiu a publicación de ''[[Medieval European Coinage]]'', concibido inicialmente con doce volumes nos que se catalogasen definitiva e exhaustivamente as cuñaxes medievais europeas. El mesmo ocupouse da preparación do primeiro volume, aparecido en [[1986]], centrado nas emisións da [[Europa Occidental|Europa occidental]] entre os [[Século V|séculos V]] e [[Século X|X]], que é o catálogo de referencia para ese período.<ref>De Callataÿ, F; Devroey, J-P. (2010). Páxina 149.</ref><ref>"[https://www.fitzmuseum.cam.ac.uk/research/mec Medieval European Coinage]". En ''The Fitzwilliam Museum. Cambridge''.</ref><ref>Lafaurie, Jean. "[https://www.persee.fr/doc/numi_0484-8942_1989_num_6_31_1949_t1_0279_0000_3 Philip Grierson and Mark Blackburn, ''Medieval European Coinage with a Catalogue of the Coins in the Fitzwilliam Museum, Cambridge. 1, The Early Middle Ages (5th-10th centuries)'']''". En [[Revue Numismatique|Revue numismatique]]. 31. Páxinas 279-284.''</ref><ref>Stal, A. M. (1988). "[https://philpapers.org/rec/STAPGA Philip Grierson and Mark Blackburn, Medieval European Coinage, with a Catalogue of the Coins in the Fitzwilliam Museum, Cambridge, 1: The Early Middle Ages (Fifth–Tenth Centuries)]". En ''Speculum'' 63(4). Páxinas 933-935.</ref>
 
=== O museo Fitzwilliam ===