Graxa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
m →‎Características: arranxiños
Liña 8:
O tipo máis común de graxa é aquel no que tres ácidos graxos están unidos á molécula de glicerina, recibindo o nome de '''triglicéridos''' ou '''triacilglicéridos'''. Os triglicéridos sólidos a temperatura ambiente son denominados como ''graxas'', mentres que os que son líquidos, tamén son coñecidos como ''aceites''. Os aceites son transformados en graxas artificialmente mediante hidroxenación para obter [[manteigas hidroxenadas|manteigas ou graxas hidroxenadas]].
 
Todas as graxas son insolubles en [[auga]] tendo unha [[densidade (física)|densidade]] significativamente inferior (flotan na auga).
 
=== Tipos de graxas ===
Liña 17:
* '''Graxas saturadas:''' formadas por [[ácido graxo saturado|ácidos graxos saturados]], é dicir con enlaces simples entre os seus átomos de carbono (-CH<sub>2</sub>-CH<sub>2</sub>). Están presentes, por exemplo, no [[touciño]], no [[sebo]] etcétera. Estas graxas son sólidas a temperatura ambiente. Aquelas formadas polos ácidos graxos [[ácido láurico|láurico]], [[ácido mirístico|mirístico]] e [[ácido palmítico|palmítico]] son as graxas máis prexudiciais para o organismo. Con todo, graxas saturadas baseadas no [[ácido esteárico|esteárico]] teñen un efecto neutro. Exemplos: sebos e manteigas.
* '''Graxas insaturadas:''' é dicir con enlaces dobres entre os seus átomos de carbono (-CH<sub>2</sub>=CH<sub>2</sub>), formadas por [[ácido graxo insaturado|ácidos graxos insaturados]] como o [[ácido oleico|oleico]] ou o palmitoleico. Son líquidas a temperatura ambiente e comunmente coñécense como ''aceites''. Poden ser, por exemplo, o [[aceite de oliva]], de [[xirasol]], de [[millo]].
** '''Graxas monoinsaturadas''': cando posúen un único [[dobre enlace]]. Atópanse no aceite de oliva, o [[aguacate]], e algúns [[Froito seco|froitos secos]]. Son as que aumentan o ''[[Lipoproteína de alta densidade|colesterol bo]]'' (HDL) e reducen o ''colesterol malo'' ([[LDL]]).
** '''Graxas poliinsaturadas''': cando posúen dous ou máis dobres enlaces. Estas non son tan beneficiosas como as ''monoinsaturadas'', pero tampouco son tan daniñas como as saturadas. Atópanse no [[peixe azul]], sementes e froitos secos.