Taenia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 15:
}}
 
'''''Taenia''''' é un [[xénero (bioloxía)|xénero]] de [[Platihelmintos|vermes planos]] [[Cestodos]] [[ciclofílido]]s, organismos chamados '''tenias,''' entre os que se inclúen importantes [[parasito]]s dos animais e do home. Especies deste xénero son responsables da [[teníase]] e a [[cisticercose]] nos [[humano]]s. Hai máis de 100 especies rexistradas neste xénero. Morfoloxicamente caracterízanse por ter un corpo en forma de fita (o nome vén do grego ταίνια, tainia, 'fita, banda') composto por segmentos chamados [[proglote]]s; e da súa forma deriva o seu nome, xa que en [[lingua grega|grego]] ''tainía'' significa fita, vendaxe ou faixa). O extremo anterior do corpo é un órgano de fixación con ventosas e ás veces ganchos chamado [[escólex]]. Non todos os membros do xénero ''Taenia'' teñen un escólex armado con ganchos ou espiñas (por exemplo, ''[[Taenia saginata]]'' non os ten, pero ''[[Taenia solium]]'' si).<ref>Roberts, L.S. and Janovy, John Jr. ''Foundations of Parasitology'' 7th Edition. McGraw-Hill. 2005.</ref>
 
As proglotes teñen un [[ovario]] central, cun vitelario (glándula da xema) na parte posterior. Como en todos os cestodos ciclofílidos, hai un poro xenital a cada lado de cada proglote. Os ovos libéranse cando a proglote se desprende do corpo e se deteriora, xa que non teñen un poro uterino para a saída dos ovos.