Montijo, Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: vo:Montijo
4bot (conversa | contribucións)
m co_cos
Liña 10:
Os coutos e herdades que existían na actual área do concello do Montijo nos albores da nacionalidade portuguesa foran doados por [[Sancho I de Portugal|D. Sancho I]], en 1186, aos Cabaleiros da [[Orde de Santiago|Orde de Santiago da Espada]], da que era daquela prior D. [[Paio Peres]]. O núcleo populacional, denominado [[Aldeia Galega]], habitado principalmente por pescadores e salineiros, comezou a se desenvolver desde que na maioridade de [[Afonso V de Portugal|Afonso V]], o rexente D. Pedro e o mestre da Orde, o infante D. João, ambos tíos do monarca, mandaran sanear o esteiro de Alhos Vedros, construíndo para o efeito unha estacada.
 
[[Manuel I de Portugal|D. Manuel I]] outorgoulle carta foral a 15 de setembro de 1514. O correo-maior Luís Afonso fixo de [[Aldeia Galega]], en 1533, a sede da posta nas comunicaciónss con oco Sur de [[Portugal]], tornando a poboación punto de pasaxe para nacionais e estranxeiros que se dirigían á capital ou dela proviñan, e desta forma a vila coñeceu grande desenvolvemento e abastanza.
 
Foi na entón ''Aldeia Galega do Ribatejo'' que o duque de Bragança xa aclamado rei em Lisboa como [[Xoán IV de Portugal|D. João IV]], en virtude do éxito da revoluzón de [[1 de dezembro]] de [[1640]], ao dirigirse de [[Vila Viçosa]] para [[Lisboa]], reuníu o primeiro consello rexio de que saíran nomeados os seus ministros e a constitución dun consello de guerra permanente.