Richard Hamilton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
m →‎Traxectoria: Banda deseñada
Liña 33:
En 1956, organizouse unha exposición para a Whitechapel Art Gallery, baixo o título ''This is Tomorrow'' (Isto é mañá). Hamilton organizou a contribución do Independent Group á mostra, na cal presentaría a súa [[colaxe]] ''Just What Is It That Makes Today's Homes So Different, So Appealing?'' (''Pero que é o que fai aos fogares de hoxe en día tan diferentes, tan atractivos?''), o cal converteríase no manifesto da arte pop británica, movemento no que interpretaría un papel esencial.
 
Nesta obra aparecen multitude de elementos da [[cultura de masas]] estadounidense: unha moza de revista (ver: ''[[pin-up girl]]'' e ''[[cover girl]]''), un fisioculturista, un televisor, un logotipo de [[Ford Motor Company|Ford]], unha portada de [[Banda deseñada|historieta]], unha aspiradora, un cartel de cine, un retrato dun antepasado centenario e un enorme [[Chupa Chups]] (''chupetín'' ou caramelo con pau) sostido polo fisioculturista coma se fose unha raqueta de tenis, todo iso baixo o planeta Terra a modo de teito.
 
A súa obra nutrirase desde entón dos motivos e elementos da cultura popular e de masas.