Éliphas Lévi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
4bot (conversa | contribucións)
m Robot: Reemplazo automático de texto (-\bceremonia\b +cerimonia)
4bot (conversa | contribucións)
m co_cos
Liña 17:
Os anos seguintes son de dificultades, en parte derivadas da imposibilidade de escreber na prensa a causa do asunto de "A Biblia da liberdade". Durante un certo tempo mudou de nome (abbé Beaucourt: abade Beaucourt). Acaba casando cunha rapaza nova, Marie Noémi Cadiot. A instancias da dona comeza a inmiscuírse en política. Un virulento panfleto político ''La Voix de la famine'' (A voz da fame), provoca a súa condena a un ano de prisión e 1.000 francos de multa, aínda que só cumpre seis meses.
 
A [[Revolución francesa de 1848|revolución 1848]] outórgalle unha maior liberdade, pasando a dirixir unha revista esquerdista "Le Tribun du peuple" (O tribuno do pobo), de curta vida. Con oCo seu amigo Esquiros e Le Gallois funda un clube político, o ''Club de la montagne'' (Clube da montaña), composto principalmente de traballadores. Porén a revolución trouxolle decepcións persoais, en parte ao non ver cumpridas as súas expectativas políticas. As súas ideas políticas ficaran plasmadas en ''Le Testament de la liberté'' (1848) (O testamento da liberdade). Mentres a súa muller escrebe folletíns literarios, con oco seudónimo Claude Vignon. De xeito que durante certo tempo a parella vive con relativa comodidade, obtendo mercé ás influencias labradas pola dona, encargos artísticos do ministerio do Interior.
 
Ao tempo le sobre a [[Cabala]], e estuda os escritos, nomeadamente, de autores [[mística|místicos]] e [[esoterismo|esotéricos]]: [[Jacob Boehme]], [[Louis-Claude de Saint-Martin]], [[Emanuel Swedenborg]], [[Antoine Fabre d'Olivet]], Chaho, et Gœrres.
 
Cara [[1850]], encóntrase con oco [[abbé Migne]], fundador e director da biblioteca eclesiástica de Montrouge, que lle encarga para a súa colección un ''Dictionnaire de la littérature chrétienne'' (1851) (Diccionario da literatura cristiá), que asombra polo saber que encerra. Nesta mesma época A. Constant coñece ao sabio polaco [[Josef Hoëné-Wronski|Hoëné-Wronski]], cuxa obra causoulle un impacto duradeiro, ademais de orientalo para o pensamento matemático e o mesianismo [[Napoleón Bonaparte|napoleónico]]. Comeza entón a redacción de ''Dogme et rituel de la haute magie'' (Dogma e ritual da alta maxia), e ao tempo comeza a usar o pseudónimo '''Eliphas Lévi''', ou ''Eliphas Lévi Zahed'' (tradución en hebreo de Alphonse-Louis Constant).
 
Na primavera de 1854, viaxa a Londres, alí coñecerá a [[Edward Bulwer-Lytton|Sir Edward Bulwer-Lytton]], autor dalgunhas novela (''Zanoni, o Mestre Rosa-Cruz'' p.ex.), con quen fai amizade e que o presenta nos círculos [[Rosa-Cruz|rosacrucianos]]. Iniciado, tentará efectuar invocacións (no curso dunha delas, supostamente, aparéceselle a pantasma de [[Apolonio de Tiana]]) . Porén, salvo neste caso, Eliphas Lévi será sempre contrario a experiencias máxicas; cando posteriormente teña algúns discípulos, farálles prometer que sé se han ocupar da parte especulativa da filosofía ocultista.
Liña 37:
 
Traballa de abondo, iniciando nas [[ocultismo|ciencias ocultas]] a eruditos pertencentes mesmo a alta aristocracia, e aínda ao bispo
de Évreux, Mr. Devoucoux, ao que imparte leccións da Cabala. Con maiores ingresos, vive nun relativo confort material, que lle permite enriquecer sen cesar a súa biblioteca. O [[29 de agosto]] de [[1862]] aparece ''Fables et symboles'' (Fábulas e símbolos), obra na que Eliphas Lévi analiza os símbolos de [[Pitágoras]], dos [[Evanxeos|Evanxeos apócrifos]], do [[Talmud]], etc... Ás veces frecuenta de incognito reunións [[espiritismo|espiritistas]] para documentarse sobre a materia. En [[1865]] publica ''Science des esprits'' (Ciencia dos espíritos), escolma de ensaios nos que volta tratar do simbolisme dos Evanxeos apócrifos, do Talmud, etc ( pero sen absolutamente nada que ver con oco espiritismo). No verán de 1865, o editor [[Éditions Larousse|Larousse]] pídelle que escreba algúns artigos sobre Cabala para o seu ''Grand Dictionnaire''. Ao tempo traballa nunha obra soberba, pero de valor histórico discutíbel ''Livre des splendeurs'' (Libro dos esplendores), que trata sobretodo da [[Cabala]] do [[Zohar]], obra que non aparecería ata despois do seu falecemento.
 
A fins da década dos 1860 comezou a quebrarse a súa saúde, surxíndolle unha doenza de corazón en 1871. Aínda que paulatinamente vai devecendo, oo longo de 1873 acaba o manuscrito de ''L'Évangile de la science'' (O evanxeo da ciencia) e en xaneiro do 1875 o do ''Le Catéchisme de la paix'' (O catecismo da paz). Falece o 31 de maio de 1875 nº 155, da parisina rúa de Sèvres.