Radiación ultravioleta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Luz negra: arranxiño
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 6:
A radiación ultravioleta atópase nas [[radiación]]s [[sol]]ares, tamén é producida polos [[Arco eléctrico|arcos eléctricos]] e por algúns tipos de lámpadas especializadas coma as [[lámpada de vapor de mercurio|lámpadas de vapor de mercurio]], as [[cama de bronceado|camas de bronceado]] e a [[luz negra]]. As radiacións ultravioletas con loxitude de onda máis longa carecen da enerxía suficiente para [[Enerxía de ionización|ionizar átomos]], mais poden provocar [[Reacción química|reaccións químicas]], e resplandor ou [[fluorescencia]] en certas substancias. En consecuencia, os efectos biolóxicos da radiación UV van máis alá do simple efecto calórico, e moitas das aplicacións prácticas da radiación UV derivan desta interacción coas [[molécula]]s orgánicas.
 
O bronceado, as lentixas e as queimaduras da [[pel]] son efectos familiares da sobreexposición solar, cun alto risco de causar [[cancro]]s cutáneos coma o [[Melanoma maligno|melanoma]], o envellecemento prematuro da pel (engurras), [[catarata]]s etc. Os seres vivos terrestres veríanse seriamente danados pola radiación ultravioleta do sol se esta non fose filtrada pola [[atmosfera]], en especial pola [[capa de ozono]].<ref>{{cita web |url=http://rredc.nrel.gov/solar/spectra/am1.5/ |título=Reference Solar Spectral Irradiance: Air Mass 1.5 |dataacceso=9 de outubro de 2015 |lingua=en}}</ref> As radiacións UV-extremas con lonxitudes de onda curtas por debaixo de 100&nbsp;nm, e por tanto con máis enerxía, ionizan o [[osíxeno atómico]] e [[Osíxeno molecular|molecular]] e o [[nitróxeno]] do aire tan fortemente que son absorbidas a altitudes de entre 100 e 200&nbsp;km.<ref>{{cita publicación periódica |apelidos=Haigh |nome=Joanna D. |ano=2007 |título=The Sun and the Earth's Climate: Absorption of solar spectral radiation by the atmosphere |revista=Living Reviews in Solar Physics |volume=4 |número=2 |url=http://solarphysics.livingreviews.org/open?pubNo=lrsp-2007-2&amp;page=articlesu8.html |dataacceso=9 de outubro de 2015 |lingua=en |cita=At wavelengths shorter than 100 nm most radiation is absorbed at altitudes between 100 and 200 km by atomic and molecular oxygen and nitrogen, mainly resulting in ionized products. |data= |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160304050402/http://solarphysics.livingreviews.org/open?pubNo=lrsp-2007-2&page=articlesu8.html |dataarquivo=04 de marzo de 2016 |urlmorta=si }}</ref> A radiación UV non só ten efectos prexudiciais para a [[saúde]], por exemplo, é responsábel da formación da [[vitamina D]], necesaria para o fortalecemento dos [[óso]]s, na maioría dos [[vertebrados]] terrestres, incluídos os [[Home|humanos]].
 
== Descubrimento ==