Michel Ney: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
4bot (conversa | contribucións)
m co_cos
Liña 4:
== Os anos iniciais ==
[[Image:Marschall_ney_geburtshaus_saarlouis.jpg|thumb| [[Saarlouis]], lugar natal de Ney]]
Michel Ney naceu en [[Saarlouis]], na [[Lorena]]. Era o fillo segundo de Pierre Ney, comerciante de licores e antigo veterano da [[Guerra dos Sete Anos]]. Ney, como moitos loreneses era bilingüe, pois o alemán, que era a lingua maioritaria na Lorena, convivía con oco francés.<br/>
Ney educouse no colexio dos agostiños, e en rematando os estudos pasou logo a traballar de escribán, e despois como inspector de minas e forxas. Como non lle seducise a vida civil, Ney alistouse, en 1787, como húsar no rexemento Colonel-Général de [[Metz]], contra o parecer do seu pai.
 
== Carreira nas Guerras Revolucionarias francesas ==
Logo do triunfo da [[Revolución francesa|Revolución]], Ney servíu no Exército do Norte entre 1792-94, con oco que participou na [[batalla de Valmy]] e na [[batalla de Neerwinden]] (1793), así como noutros encontros bélicos. Ney foi transferido ao departamento de Sambre e Mosa ([[Sambre-et-Meuse]]) en xuño de 1794, sendo ferido no asedio de [[Maguncia]] (Mainz). Dous anos despois foi ascendido a xeneral de brigada (agosto de 1796) , pasando a mandar unidades de cabaleiría nas frontes alemás.<br/>
O [[17 de abril]] de [[1797]], Ney conducíu unha carga de cabaleiría contra lanceiros austríacos que tentaban apoderarse de cañóns franceses, rexeitándoos, mais sofrindo logo un contrataque austríaco; no transcurso do combate Ney foi derrubado da súa cabalgadura e foi feito prisoeiro. No 8 de maio seguinte, Ney foi trocado por un xeneral austríaco captivo a súa vez dos franceses.<br/>
Logo da toma de [[Mannheim]], Ney foi ascendido a xeneral de división en marzo de 1799. A finais de 1799 Ney estivo ao mando da cabaleiría nos exércitos que actuaban en [[Suíza]] e o [[Río Danubio|Danubio]], sendo ferido nun muslo e nun pulso en Winterthur; mais antes aínda de recuperarse combateu na batalla de [[Batalla of Hohenlinden (1800)|Hohenlinden]], sob as ordes do [[Jean Victor Marie Moreau|xeneral Moreau]] en decembro de 1800. Desde o mes de setembro de 1802 Ney pasou a mandar tropas en Suíza, cumprindo á par labores diplomáticas. O 19 de maio de 1804 Ney recibíu o seu bastón como marechal do Imperio, que era o título napoleónico equivalente ao anterior de marechal da Franza.
Liña 17:
 
===Actuación na Guerra Peninsular===
En agosto de 1808, Ney foi enviado á [[Península ibérica]], ao mando do VI Corpo. Logo da derrota francesa en [[Batalla de Bailén|Bailén]], o mesmo Emperador decidíu entrar en España con a [[Grande Armée]]. A súa vez a entrada de [[John Moore]], desde [[Portugal]], desencadea, unha manobra do exército napoleónico desexoso de derrotar un exército británico. Moore vese obrigado a iniciar a retirada desde Valladolid cara o Noroeste, perseguido pola Grande Armée. Xunto detrás dos británicos camiña na mesma dirección o exército español do marqué de la Romana. Desde [[Astorga]], atraído por outros sucesos, Napoleón deixa dúas unidades en persecución de Moore: o II Corpo a mando de [[Nicolas Jean-de-Dieu Soult|Soult]] e o VI Corpo a cargo de Ney. Ambos chegan a tempo de enfrontarse aos británicos nos arredores da Coruña: é a [[batalla de Elviña]], na que o mesmo Moore perde a vida. Asentados os franceses na Galiza, Ney recibe ordes de controlar o Norte do país e máis [[Asturias]], para o que centra o seu acampamento en [[Lugo]]. En marzo de 1809, Ney tenta someter a costa occidental galega, sen conseguir acabar con as partidas de guerrilleiros que acosas os destacamentos franceses. A fins de marzo dese ano foron recuperadas polos galegos as prazas de [[Vigo]], [[Pontevedra]] e [[Tui]], feitos que coutaban o enlace con Soult, entón en [[Portugal]]. En maio, Ney tivo noticias de que o [[Pedro Caro y Sureda|marqués de la Romana]] estaba en [[Asturias]], polo que decidíu buscalo alí, porén foi unha manobra errada, pois o español retirárase para Galiza. O regreso de Soult desde Portugal até [[Ourense]] foi dificultoso. Reunidos Soult e Ney deciden unha nova estratexia. Ney parte cara Vigo con intención de recobrar a cidade, mais na batalla de [[Batalla de Ponte Sampaio|Ponte Sampaio]] entre os días 7 e 9 de xuño de 1809, as tropas francesas non poden cruzar o [[río Oitavén]], véndose obrigadas a retirarse. O fracaso de Soult no interior meridional de Galiza, e novos acontecementos no centro da península, onde Wellington ameaza entrar en Madrid, obrigan a saír a ambos marechais de Galiza. Ney faino por [[Pedrafita]] e o [[Bierzo]]. Cando se xuntan só lles fican 18.000 dos 53.000 homes con oscos que chegaran.
 
En 1810 Ney uníuse ao estado maior do [[André Masséna|marechal Masséna]] para invadir de novo Portugal. Nesa campaña tomou [[Ciudad Rodrigo]] e [[Batalla de Coa|Coa]], e tomou parte na [[batalla de Buçaco]], acción que foi desafortunada para as tropas francesas. Durante a retirada das topas luso-británicas para Torres Vedras, Ney foi destituído do seu mando por insubordinación <ref>Chandler. ''Dictionary of the Napoleonic wars'', p.314</ref>.