Nilo Azul: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Descrición: fervenzas do Nilo Azul
→‎Descrición: texto traducido desde a wiki .es:Nilo_Azul#Descripción
Liña 55:
O Nilo Azul nace no [[lago Tana]], un gran lago de 2.156 km² localizado na meseta norte de [[rexión de Amhara|Amhara]], a 1.788 m de altitude. A este lago chegan uns cincuenta arroios que se mesturan nas súas augas; ao máis grande de todos eles os etíopes chámanlle Abbay Wenz, «río grande» ou, comunmente, Abbay (አባይ), e din que é o verdadeiro Nilo Azul; nace nun bosquiño de árbores que se elevan nunha pradería de herba curta, nun lugar onde as augas emerxen burbuxeando duns pozos que se atopan ocultos entre a vexetación.
 
A uns 32 km do lago Tana, cara ao sueste, na meseta etíope, xorden as [[fervenzas do Nilo Azul]] ou de ''Tis Abay'', nome que significa «auga fumarenta». Neste lugar hai establecida unha central hidroeléctrica non moi grande. A partir de aí xa se lle pode chamar, sen ningunha dúbida, Nilo Azul. Á parte desta pequena central, os etíopes non explotan as augas do seu río Nilo nin para obter enerxía nin para [[regadío]].
 
O curso deste río debuxa unha curva moi ampla polo país, en forma de arco, a través da rexión montañosa central de Etiopía e despois segue cara ao norte, cara ao Sudán. Este é un percorrido de máis de 800 km, ao longo do cal o río vai tomando un desnivel de aproximadamente 1.200 m. As augas van escavando aos poucos un canón, cuxas paredes son de rocha volcánica, que chega a ter unha anchura de 25 a 30 m, ao mesmo tempo que van transportando cara ao deserto o limo que proporcionan as terras altas de Etiopía.
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Afluentes do Nilo]]