Radio Futura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
4bot (conversa | contribucións)
m Robot: Reemplazo automático de texto (-\briñón +rin)
4bot (conversa | contribucións)
m Robot: Reemplazo automático de texto (-\brecopil +recompil)
Liña 71:
En [[1998]] publicouse un novo traballo titulado "Memoria del porvenir" no que se incluían versións dos temas máis clásicos da banda. En 2003 saíu á venda, co nome de "Caja de canciones", unha caixa con seis dos álbums do grupo en edición mini-LP, con algunhas modificacións en dúas dos traballos (en Escuela de calor substituíronse "Semilla Negra" por "Annabel Le", e "Tierra para Bailar" reestruturouse, engadindo as versións de "Escuela de Calor" e "La estatua del jardín botánico" realizadas para Memoria del Porvenir, substituíndo a versión de "Paseo con la negra flor" pola dese mesmo álbum e suprimindo a remestura de "Dance usted"), cun libreto coas letras das cancións e os datos de cada disco.
 
En [[2004]] foi editada unha recopilaciónrecompilación chamada "Lo mejor de Radio Futura: Paisajes eléctricas" (1982-1992) con dous discos de música e un DVD, con todos os videoclips e as actuacións en TVE, ademais da discografía oficial e o cómic que Max realizou para a canción "El canto del gallo". Nese mesmo ano apareceu o disco "Arde la calle". Un Tributo a Radio Futura, con vinte temas da banda interpretados por artistas actuais.
 
Non parece haber posibilidades de que o mítico grupo dos oitenta se volva a reunir, con todo en 2005 os irmáns Auserón reúnense para editar un traballo denominado "Las Malas Lenguas", onde dan un toque latino e en castelán a temas do rock dos anos 60 e 70.