Taenia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 37:
O ciclo de vida empeza cando se liberan polas feces ovos ou proglotes grávidas cheas de ovos. Os ovos libres ([[embrióforo]]s) levan [[oncosfera]]s (tamén chamados embrións hexacantos). Os ovos son resistentes e duran de días a meses no medio ambiente. Algunhas veces, como pasa en ''T. saginata'', eses segmentos (proglotes ou cadeas de proglotes) son aínda móbiles despois da excreción, baleiran os seus ovos en poucos minutos ou, nalgunhas especies, retéñenos agrupados e agardan á chegada dun hóspede vertebrado axeitado. O hóspede intermediario (gando, porcos, roedores etc., segundo a especie de verme) debe despois inxerir os ovos ou as proglotes. Se o hóspede é da especie correcta, o [[embrióforo]] eclosiona, e os embrións [[hexacanto]]s invaden a parede do [[intestino delgado]] do hóspede intermediario para viaxar despois ao [[músculo esquelético|músculo estriado]] onde se desenvolven como larvas [[cisticerco]]s. Alí crecen, e diferéncianse nesta forma larvaria que parece unha vesícula (e creuse erradamente ata mediados do [[século XIX]] que era outra especie de parasito), que é infecciosa para o hóspede definitivo en canto desenvolva un escólex invaxinado (protoescólex). Para continuar o proceso, o hóspede definitivo debe comer carne mal cocida ou crúa do hóspede intermediario. Unha vez que está no hóspede definitivo, a vesícula é dixerida, o [[escólex]] insírese na parede intestinal, e o colo empeza a producir segmentos que formarán o corpo do verme ou estróbilo. Aparecen novos ovos nas feces do hóspede definitivo xeralmente de seis a nove semanas despois, e o ciclo volve a repetirse.
 
''Taenia saginata'' ten unhas 1.000-2.000 proglotes e cada unha das proglotes grávidas contén 100.000 ovos, mentres que ''Taenia solium'' ten unhas 1.000 proglotes e cada proglote grávida ten 60.000 ovos aproximadamente.<ref name=dpd>{{Cita web |url=http://www.dpd.cdc.gov/DPDx/ |título=Copia arquivada |data-acceso=28 de xullo de 2013 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130710103131/http://www.dpd.cdc.gov/DPDx/ |dataarquivo=10 de xullo de 2013 |urlmorta=si }}</ref>
 
== Tratamento ==