Xulio Nepote: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Nomeamento e acceso: sobran negriñas
Liña 5:
 
== Nomeamento e acceso ==
Estaba casado con [[Neptis]], sobriña da emperatriz [[Verina]], esposa do emperador [[León I, Emperador|León I]]. A raíz dos acontecementos en [[Italia]], que nomean emperador a [[Glicerio]], [[León I (emperador)|León I]] atopa a oportunidade de volver a influír na política de [[Italia]] e no Imperio Occidental, e o vello soño de unificar un só Imperio e unha soa coroa bulía na súa cabeza desde había tempo, e en realidade xa o intentaran outros anteriormente. Non recoñece a [[Glicerio]], e nomea a '''Xulio Nepote''' coma emperador, conseguindo deste xeito asegurarse a [[Dalmacia]] coma provincia propia, meter os fociños na política italiana e conseguir para a súa sobriña unha coroa. Pero debido ás datas en que se toma esta decisión, '''Xulio Nepote''' non se pode trasladar a Roma, xa que o inverno impide as viaxes por mar. Cando chega o tempo da viaxe, na primavera do 474, desprázase cara a Ostia, porto preto de [[Roma]], onde chega en xuño.
 
Glicerio réndese sen opoñer resistencia, sendo nomeado bispo de [[Salona]], localidade da [[Dalmacia]], e '''Xulio Nepote''' é nomeado emperador polo Senado de Roma. Pero as cousas non son tan doadas para León I e '''Xulio Nepote''', xa que o nomeamento vese coma unha inxerencia dun imperio "estranxeiro", en primeiro lugar. E en segundo lugar e moi importante, a [[Dalmacia]] si que lle importaba e moito ao Imperio Occidental, e ademais '''Xulio Nepote''' era sobriño do patricio Marcelino, que era pagán.
 
Ademais, aquí hai que ter en conta a dualidade do Imperio Romano Occidental, xa que o Senado conservábase en Roma, con funcións máis ou menos lexislativas, mentres a corte estaba en realidade en Ravena, onde emanaba o verdadeiro poder político, e que dominaba o Senado de Roma. E alí mandaba [[Gundebaldo,]] un burgundio que herdara de [[Ricimer]] o título de patricio e ''magister militiae'', e que en realidade fora quen nomeara a [[Glicerio]] como emperador.