Guerra de Croacia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 4 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Recuperando 5 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 134:
[[Veselin Šljivančanin]], [[Mile Mrkšić]] e [[Miroslav Radić]] negan os cargos de asasinato, tortura e persecución. A fiscalía afirma que tras a captura de Vukovar, o exército iugoslavo (JNA) entregou a moitos centos de croatas a forzas serbias. Deles, polo menos 264 (incluíndo soldados feridos, mulleres, nenos e anciáns) foron asasinados e sepultados en foxas comúns no barrio de Ovcara, ás aforas de Vukovar. O alcalde da cidade, [[Slavko Dokmanović]], tamén foi procesado polo Tribunal, pero suicidouse en 1998 na súa cela, antes de que o proceso comezara.
 
O 18 de novembro de 1991 [[Vukovar]] caeu en mans serbias tras un asedio de tres meses, e nesas datas tivo lugar o [[masacre de Vukovar]], sendo os superviventes transportados a campos de prisioneiros, a maioría deles ao campo de concentración de [[Sremska Mitrovica]]. A cidade de Vukovar foi destruída case por completo. O persistente foco de atención no asedio facilitou a atención da opinión pública internacional. Moitos periodistas internacionais seguiron a situación desde a propia Vukovar ou nos seus arredores, así como o mediador da [[ONU]], [[Cyrus Vance]] (antigo Secretario de Estado do Presidente [[Jimmy Carter]]).<ref>{{Cita web |url=http://www.genocidewatch.org/FrmYugoBalkansVukovarMassacreTrialBeginsOct05.htm |título=GenocideWatch.org |data-acceso=27 de setembro de 2007 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070927004946/http://www.genocidewatch.org/FrmYugoBalkansVukovarMassacreTrialBeginsOct05.htm |dataarquivo=27 de setembro de 2007 |urlmorta=nonsi }}</ref> Paradoxalmente este asedio, a pesar da súa brutalidade (ou quizais por iso), contribuíu co seu impacto mediático ao comezo da resolución do conflito. Supostamente, segundo afirmaron as autoridades croatas do momento, a rendición de Vukovar foi un intento de previr maiores devastacións en Dubrovnik e outras cidades.
 
[[Ficheiro:Map 3 - Croatia - Eastern Slavonia, September 1991-January 1992.jpg|miniatura|esquerda|300px|Avance do JNA a través de [[Eslavonia|Eslavonia Oriental]].]]