Ciencia medieval: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Idade Media tardía: Galileo Galilei
Recuperando 14 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 14:
Porén, co inicio do chamado [[Renacemento do século XII]], renovouse o interese pola investigación da [[natureza]]. A ciencia que se desenvolveu neste período áureo da filosofía [[escolástica (filosofía)|escolástica]] daba énfase á [[lóxica]] e avogaba polo [[empirismo]], entendendo a natureza como un sistema coherente de [[lei]]s que poderían ser explicadas pola [[razón]]. Foi con esta visión coa que os sabios medievais se lanzaron na procura de explicacións para os [[fenómeno]]s do universo e conseguiron avances importantes en áreas como a [[método científico|metodoloxía científica]] e a [[física]].<ref>Oliveira, Terezinha (xuño de 2007): ''Origem e memória das universidades medievais a preservação de uma instituição educacional'' [http://www.scielo.br/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S0104-87752007000100007&lng=pt&nrm=iso] (HTML). En ''Varia história'' 26 (37): páxs. 113-129. Belo Horizonte. DOI:10.1590/S0104-87752007000100007. ISSN 0104-8775. Consultada o 10 de maio de 2011. {{pt}}</ref> Estes avances foron repentinamente interrompidos pola [[peste negra]], e son case descoñecidos para a maior parte do público contemporáneo, que moitas veces aínda considera o período medieval como unha suposta ''[[#Idade das Tebras?|Idade das Tebras]]''.
 
De acordo con Pierre Duhem, que pensa que os estudos académicos da ciencia medieval están fundados na crítica que os [[positivismo|positivistas]] da época ''das [[Ilustración|Luces]]'', no [[século XVIII]], antiaristotélicos e anticlericais, pódense ver as orixes conceptuais de varios avances da ciencia no renacemento do século XIII, entre os [[século XII|séculos XII]] e [[século XIV|XIV]], nas obras de eclesiásticos como [[Tomé de Aquino]] e [[Jean Buridan]].<ref>Duhem traballou en ''Les origines de la statique'' en 1903, cando topou coas referencias de Jordanus Nemorarius. Isto provocou o seus sagaces estudos sobre a ciencia e a cosmoloxía medieval, que apareceron por primeira vez publicados en 1913 como ''Le Système du monde'' (só cinco dos seus dez volumes foron publicados antes da súa morte). Foron traducidos ao inglés por Roger Ariew baixo o título ''Medieval Cosmology''. Cf. [http://www.gap-system.org/~history/Printonly/Duhem.html Pierre Maurice Marie Duhem] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20110726073459/http://www.gap-system.org/~history/Printonly/Duhem.html |data=26 de xullo de 2011 |date=26 de xullo de 2011 }}. {{en}}</ref><ref>Jordanus Nemorarius foi un matemático do século XIII do que se teñen poucos datos. Coñécense varios traballos seus, pero non se sabe nada da súa vida. O dominico inglés Nicolás Triveth nunha crónica, identifícao con Jordanus Saxo ou Xordán de Saxonia, quen en 1222 fora o sucesor de San [[Domingos de Guzmán]] como superior da orde, e a quen atribúe as obras de Nemorarius ''De ponderibus Jordani'' e ''De lineis datis Jordani''. Sobre esta base afírmase que naceu en Borgentreich, actualmente distrito de Höxter, Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, e que morreu nun naufraxio. Porén, Hughes (1981) cuestiona esta identificación, porque nin Nemorarius se identifica como sacerdote, nin como Saxo, nin o superior dominico se refire como Nemorarius nos documentos da época, nin o nome de Jordanus Nemorarius aparece en ningunha lista de clérigos. A única referencia probada é unha nota de 1250 de Richard de Fournival, chanceler da Catedral de Amiens, que enumera as obras que desexaba obter para a biblioteca, e inclúe catro libros de "Jordanus Nemorarius".</ref>
 
== Historia da ciencia na Europa medieval ==