Montes Urais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Corrixín un erro ortográfico
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 4:
Ten unha extensión de 2.500 km das estepas casacas ao longo da fronteira norte do [[Casaquistán]] ata a costa do [[océano Ártico]]. A illa de [[Nova Zembla]] forma unha continuación da cordilleira. Xeograficamente, esta cadea de montañas marca a fronteira (arbitraria) entre os continentes [[Europa|europeo]] e [[Asia|asiático]]. O seu maior cumio é o monte Naroda (Poznurr, 1.895 m). A erosión expón unha riqueza considerable en minerais nos Urais, entre os cales o [[topacio]] e mais o [[berilio]]. As fragas Komi nos Urais do norte están protexidas como [[Patrimonio Mundial]].
 
Os Urais están entre as cordilleiras máis antigas do mundo, téndose formado no final do [[período xeolóxico|período]] [[carbonífero]], cando un [[continente]] composto principalmente por [[Siberia]] colidiu co [[supercontinente]] que contiña a maior parte da terra na época : a combinación da [[Laurasia]] ([[Europa]] e [[América do Norte]]) e [[Gondwana]]. Europa e Siberia permaneceron xuntas desdedende entón.
 
Os [[Xeografía|xeógrafos]] dividen os Urais en cinco rexións: Sur, Central, Norte, Subártico e Urais Árticos.